Dende que
fai tres décadas se descubriu en vermes que vivir o dobre de tempo dependía só
de 9 xenes, iniciouse a era dourada da ciencia do avellentamento en humanos: postuláronse
máis de 300 teorías e publicáronse arredor de 250.000 artigos científicos sobre
o tema, que aportaron moitos resultados, pero tamén moita confusión.
Agora un
equipo científico liderado por investigadores españois (María Blasco e Manuel
Serrano do CNIO (Centro Nacional de Investigación Oncolóxica)) e Carlos López-Otín
da Universidade de Oviedo) xunto con Guido Kroemer da Universidade de París
Descartes e Linda Partridge do Instituto Max Planck (Alemaña), revisaron eses
estudios sobre o avellentamento e publicaron as súas conclusións recopilatorias
na revista Cell. Non se trata doutro traballo teórico, senón da recollida de
evidencias moleculares e xenéticas sobre este tema que serán claves no camiño
en investigacións futuras. O equipo di que non buscaron “o elixir da xuventude”
senón dianas farmacolóxicas que melloren a saúde durante a vellez co fin de
vivir máis tempo en boas condicións.
Un dos
aspectos claves no estudio é que se proba a relación directa entre cáncer e
avellentamento pois comparten unha orixe común, son dúas manifestacións do
mesmo proceso. O avellentamento resulta da acumulación do dano no ADN ó longo
da vida, e ese proceso tamén orixina enfermidades coma o cáncer, a diabetes ou
alzhéimer.
O estudo
publicado onte (The
hallmarkers of Aging) define os nove
indicadores moleculares do avellentamento, ordenándoos xerarquicamente
en tres categorías:
1.-Danos primarios:
son os causantes primarios do avellentamento.
·
Inestabilidade
xenómica. Son os defectos que se van acumulando nos xenes co
tempo, por causas intrínsecas ou extrínsecas. É o dano directo o noso ADN.
·
Acortamento
dos telómeros. O
acortamento dos capuchóns que protexen os extremos dos cromosomas. Determinados hábitos de vida fan que se
erosionen a unha maior velocidade.
·
Alteracións
epixenéticas. Enténdense por
epixenética a influencia do entorno na expresión dos xenes herdados. As
alteracións son danos ás proteínas que se unen ó ADN que resultan da
experiencia vital e da exposición ó
ambiente. Segundo os
investigadores, a lonxevidade normal, ata os 80 anos ten un compoñente xenético
modesto (un 25% baseado en estudos de
xemelgos separados) pero a extrema, ata 100 anos, ten un compoñente xenético
maior.
·
Perda
da proteostasis. A non
eliminación de proteínas defectuosas supón que ó acumularse, causen patoloxías
asociadas o avellentamento. No Alzhéimer, as neuronas morren porque se forman
placas dunha proteína (beta-amiloide) que non se eliminou.
2.- Danos
secundarios: son respostas do organismo ás causas desencadeantes do
avellentamento, que tratan de corrixir os seus danos, pero que si se cronifican
ou esaxeran, vólvense nocivas .
·
Senescencia celular.
Induce á célula a deixar de dividirse cando acumula moitos defectos. Así prevén
o cáncer, pero si se da en exceso os tecidos avellentan.
·
Dano oxidativo.
Desequilibrio entre a produción de especies reactivas do osíxeno (ex. radicais
libres) e a capacidade dun sistema biolóxico de detoxificar os reactivos
intermedios ou reparar o dano. Os investigadores cren que non está fundamentado
o uso dos antioxidantes para retardar o avellentamento.
·
Exceso
de nutrientes. Mecanismos metabólicos (probados en ratos) que fan que
se prolongue a vida ó diminuír a inxesta de calorías. Porén, os
investigadores cren que se ben é certo
que a escaseza de nutrientes pon en marcha estratexias protectoras, co tempo e
en exceso poden ser patolóxicas.
3.-Danos terciarios:
Este grupo de indicadores emerxen cando os danos causados polos dous anteriores
non poden ser compensados.
·
Perda
de células nai. Chega un momento en que as células nai dos tecidos
esgótanse e deixan de exercer a súa función rexeneradora.
·
Perda
de sinais positivas de comunicación entre tecidos. Aparecen
erros na comunicación intercelular, que dan lugar, por exemplo, á inflamación,
un proceso que cando ocorre de forma crónica asóciase co cáncer.
Seremos capaces de tomar “nota” de todos os factores
externos que afectan a nosa vida xenética e molecular? Conseguirase aumentar a esperanza
de vida en boas condicións de saúde?
Fontes de
información:
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
Post muy interesante sobre todo para os que nos gusta a Bioloxía.
Publicar un comentario