Un millón de dólares por
resolver un problema? Pois así o propón o banqueiro norteamericano Andrew Beal,
quen, no ano 1997 deseñou unha aparentemente sinxela ecuación matemática que
ata o día de hoxe segue sen verificación.
A
famosa ecuación indica que se Ax + By = Cz, onde A, B, C, X, Y, Z son
números enteiros positivos, sendo x, y, e z mayores que dous, entonces A, B e C
han de ter un factor común primo.
Andrew
Beal, cuxa aficción é o plantexamento de teoremas numéricos, anima aos mais
novos a introducirse no mundo das matemáticas:
"Me gustaría animar a los jóvenes a que estudien matemáticas y ciencias.
Incrementar la gratificación me parece
una buena manera de atraer la atención
sobre las matemáticas en general y, especialmente, sobre la Conjetura "conta Beal.
Máis
dilemas coma este rondan polo mundo, tales como os Problemas do Milenio, unha
serie de exercicios levados a cabo polo Clay Mathematics Institute, que ofrece
recompensas de un millón de dólares a quen sexa capaz de resolvelos.
Xa
nos gustaría aos que tivemos que estudar matemáticas na nosa etapa de formación
que nos ofreceran tales cifras de diñeiro cada vez que trouxéramos un exercicio
ben feito.
Fontes de información:
Información máis detallada da ecuación: http://es.wikipedia.org/wiki/Conjetura_de_Beal
No hay comentarios:
Publicar un comentario