Reino: Animal
Filo: Chordara (Cordados)
Orde: Animal
Familia: Primates
O mono Lesula (Cercopithecus lomamiensis), vive nos bosques tropicais da República Democrática do Congo e a súa alimentación básase na vexetación que hai no medio; unha das súas características é que se move tanto no solo coma nas árbores e a súa mirada, como dixen no título, é moi parecida á mirada da especie humana.
2. Cucaracha luminosa
Filo: Artrópodos
Clase: Insecto
Familia: Cucarachas
A cucaracha do Ecuador (Lucihormetica luckae), é unha das pucas especies terrestres que ten a característica de emitir luz, está alexada de toda contaminación lumínica e utiliza esta iluminación para imitir aos escarabellos tóxicos. Creese que esta especie está extinguida debido a erupción do volcán que estaba situado xustamente na rexión onde estos artrópodos habitaban.
3. Imitador dunha planta
Filo: Artrópodo
Clase: Insecto
Orde: Mecoptera
Este insecto do Xurásico, Juracimbrophlebia ginkgofolia, descubrírono grazas a un fósil atopado este mesmo ano; entre as súas características destaca a similitude que ten coas plantas sen flor, o seu corpo estreito está formado por: dous pares de alas e patas largas como fíos; alimentábanse doutros insectos que cazaban grazas ao seu camuflaxe.
4. Serpe come caracois
Reino: Animal
Clase: Réptil
Orde: Squamata
A serpe Sibon Noalamina, foi descuberta nas selvas tropicais de Panamá e imita as especies de serpes velenosas como as de coral, cos seus anillos para que naide a moleste. É nocturna, tranquila
e atópase ao lado dun xacemento de extracción de minerais que pon en perigo a súa vida, por iso o seu nome <no a la mina>, un pouco como vai pasar en Galica se non detemos os plans para a explotacións de minas como a de Corcoesto.
5. Fungos do Paleolítico
Filo: Ascomycota
Clase: Sordariomycetes
Orde: Hypocreales
Na cova de Lascaux, en Francia, atopáronse manchas no 2001; cinco anos despois e coa aparición de novas manchas, fíxose un estudo no que comunicaban a aparición dun brote de fungo branco ( Fusarium solani) que puña en perigo o arte rupestre da época do Paleolítico. Estes fungos prodúcense no solo debido á descomposición de restos vexetais.
6. Unha rá diminuta
Reino: Animal
Filo: Cordados
Clase: Anfibio
Orde: Anura
Esta rá de tan só 7 milímetros, está considerada o vertebrado máis pequeno do mundo; foi descuberta en Papúa, Nova guinea, e o seu nome é o de Paedophryne amauensis e vive nos solos das selvas tropicais e húmidas do país xa nomeado e son capaces de saltar 30 veces a súa lonxitude total.
7. Arbusto de Madagascar
Reino: Plantas
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Myrtales
Familia: Myrtaceae
Cunha altura de case 2 metros e unha cor verde esmeralda, este arbusto posee fermosos racimos de flores de cor rosa; crece no árido chan de Madagascar e é unha das sete especies descritas no bosque litoral de Madagascar.
8. A crisopa dos contos das fadas
Filo: Artrópodo
Clase: Insecto
Orde: Neuroptera
Familia: Chrysopidae
Esta nova especie descubriuse na selva tropical de Malasia, co seu nome binomial, Semachrysa jade, e o seu aspecto de crisopa verde, ao vela nunha foto, distinguiuse unha prolongacións nas ás de cor negra.
9. Toda una fermosura
Orde: Malpighiales
Familia: Violaceae
Clase: Anxiospermas
Unha das dicotiledóneas terrestres máis pequenas, esta Viola liliputana, apareceu nos Andes de Perú e crece un par de centímetros só. O seu nome débese aos habitantes de liliput que aparecen nos "Viaxes de Guliver".
10. Arpa acuática
Filo: Poríferos
Clase: Demospongiae
Orde: Poecilosclerida
Esta esponxa carnívora en forma de lira, Chondrocaladia lyra, foi descuberta a 3.399 metros de profundidade ao noroeste de California. Cada rama ten a súa vez, 20 ramos verticais que terminan nunha esfera para unha mellor captura de plactón.
Fontes de información
Marcos Fernández Rodríguez
1º Bach A
No hay comentarios:
Publicar un comentario