19 DE OUTUBRO: DÍA
MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA
O cancro de mama é o tipo de
carcinoma máis común nas mulleres. Representa o 16% dos tumores femininos, e afecta tamén o 1% dos homes.
En
noso país diagnostícanse cada ano 15.000 novos casos en mulleres de entre 45 e
55 anos. É o tumor que representa a maior mortandade en mulleres afectadas de
cancro. Tamén é uns dos tipos de cancro máis frecuentes nas mulleres dos países
desenvolvidos. Ainda que nos últimos anos observouse una lixeira diminución, a
súa incidencia segue a ser elevada debido a certos estilos de vida como o
sedentarismo, a dieta pouco saudable, a obesidade
na menopusia, etc.
Sen
embargo, podemos dicir que a supervivencia das mulleres afectadas mellorou nos
últimos anos, destacando a importancia do diagnóstico precoz e das campañas
sanitarias de control e mamografías entre a poboación en idade de risco.
Para celebrar o dia mundial do
cancro de mama, destacamos una noticia que abre un pouco máis de esperanza a
curación e prevención deste tipo de carcinoma:
Un
grupo de investigadores do “Centro de
investigación do cancro” (CIC), dirixidos por Xosé R. Bustelo, descubriron 6
proteínas que actúan para favorecer o crecemento do tumor primario e a súa metástase
hacia o pulmón. Según este equipo de investigadores, a eliminación destas
proteínas pode supoñer unha potencial terapia fronte a enfermidade e ademais
podería utilizarse como una firma xenética para o seu diagnóstico.
E relevante o papel das
proteínas Vav3 e Vav2, que en modelos animais, comprobouse que non só actúan
coordinadamente no desenvolvemento do tumor senon que son críticas para a
aparición da metástase; hai outras 4 proteínas adicionais que o inhibirse
diminúen o crecemento do tumor primario
e poden eliminar por completa a metástase.
Polo momento, a
experimentación realizouse en animais e a súa aplicación nos seres humanos e
reducida a un prazo curto; está condicionada o desenrolo de fármacos que non
produzan efectos colaterais tóxicos nos pacientes.
Para o grupo de traballo de Bustelo,
estes resultados supusiron una serie de hitos na investigación deste tipo de
cancro.
- - Consideras que a dedicación dun
día internacional o cancro de mama favorece e impulsa a investigación?.
- -As mulleres conciénciase da importancia da
deteción precoz como medida de prevención?.
Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/El-riesgo-de-sufrir-otro-tumor-aumenta-un-39-tras-un-cancer-de-mama
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Seis-proteinas-favorecen-el-crecimiento-y-la-metastasis-del-cancer-de-mama
http://www.agenciasinc.es/Noticias/Seis-proteinas-favorecen-el-crecimiento-y-la-metastasis-del-cancer-de-mama
Miguel Pimentel Pérez 1ºBach. A
1 comentario:
Debes de por o enlace da fonte de documentación exacta.
Publicar un comentario