Un ensaio clínico internacional
mostra a eficacia dun novo fármaco para os tumores máis avanzados. Trátase do
avance máis esperanzador dos últimos 20 anos.
Tras moitos anos
de estudos infrutuosos para mellorar o tratamento do cancro de páncreas, unha
nova combinación de dous fármacos ( nab-paclitaxel e gemcitabina ) diminúe nun
30% a mortalidade en pacientes con metástase, aumentando a esperanza de vida entre
2 e 3 meses. A vida media nestes casos situábase en torno aos cinco meses.
Este traballo foi
elaborado en colaboración con 161 centros hospitalarios internacionais (oito
españois), nun total de 861 pacientes con estado avanzado 4 de cancro de
páncreas e co apoio da farmacéutica Celgene, que ten rexistrado o fármaco, chamado
comercialmente paclitaxel.
Anualmente diagnostícanse 5.000
casos en España dos que 4.900 terminan en falecemento. O importante é que con este tratamento algúns pacientes
van vivir máis pero aínda non se identificou o por qué. A xuízo dos expertos,
esta investigación é un gran paso cara a adiante que vai a permitir seguir
mellorando o desenvolvemento de tratamentos.
En canto á
aplicación en casos de cancro de páncreas nunha fase menos avanzada da enfermidade
espérase que o tratamento mellorase o estado dos pacientes. Aínda hai que
demostralo e para obter resultados pasarán outros dous ou tres anos.
Este estudo abre
as portas tanto para deseñar estudos noutras fases da enfermidade, como para analizar
biomarcadores que nos axuden a seleccionar mellor ós pacientes, e para avaliar
novas moléculas e combinacións de fármacos.
Fontes:
http://www.abc.es/sociedad/20131017/abci-tratamiento-mejora-supervivencia-cancer-201310161829.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario