A NASA lanza unha nova misión, 'Maven', para investigar porque se secou Marte. O cohete despegou este luns e debería chegar ó Planeta Vermello en setembro de 2014 e porse en órbita.
O cohete Atlas V, coa sonda Maven, en Florida. |
Fai miles de millóns de anos, o aspecto de Marte era verdadeiramente distinto. Restos de antigos ríos e a presenza de antigos minerais que solo se forman con agua demostran que o planeta tivo unha atmosfera moito máis densa da que ten agora. Pero algo provocou que esta desaparecera.
Para resolver este misterio, a NASA lanzou con éxito, este luns, a misión MAVEN (Misión da Evolución Atmosférica e Volátil de Marte). O cohete despegou as 19:30 horas dende o Centro Espacial de Kennedy, en Florida.
A nave, non tripulada, está programada para penetrar a atmosfera o 22 de setembro de 2014, onde orbitará durante un ano, a unha altitude de 6115 km.
Segundo detallaron algúns expertos, Maven está deseñada para determinar canta atmosfera perdeuse, en canto tempo, e cales foron os procesos desa pérdida.
Aínda que as observacións da Maven poderían axudar ós científicos a detectar a habitabilidade pasada e actual de Marte, debido á escaseza de presuposto, a nave non conta cun sensor de metano, un gas que é un bo indicador de vida, xa que o 90% do metano na atmosfera terrestre está producido por organismos con vida.
''Marte é un sistema complicado, como a Terra. Cunha soa nave non podes pretender estudar todolos seus aspectos'' apunta Bruce Jakosky, científico da Universidade de Colorado e investigador principal da misión. ''Con Maven imos a explorar a única gran peza que falta e que todavia non fora investigada, ata agora''
FONTES:
PAULA QUINTAS BLANCO 1ºBACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario