O estudo publícase na revista “Nature Structural and Molecular Biology”
A enzima humana PrimPol, presente en organismos como as arqueobacterias, favorece a reparación do ADN cando hay dano. Dita enzima permite ás células facer copias do seu ADN aínda que esté danado e evita roturas nos cromosomas.
O proceso de replicación do ADN é moi delicado, xa que pode
xerar graves alteracións no material xenético asociadas á transformación
tumoral ou do envellecemento.
Investigadores do CNIO (Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas) descubriron como unha nova encima humana, a proteína PrimPol, é capaz de recoñecer lesións no ADN e facilitar a súa reparación durante o proceso de copia, evitandp así danos irreversibles e fatais para as célula e, polo tanto, para o organismo.
“Cando unha ADN polimerasa se encontra cun obstáculo no ADN
(por exemplo, unha alteracón química introducida pola radiación ultravioleta da
luz solar), a copia interrómpese e prodúcese unha parada ata que se repara o
error”, explica Juan Méndez, xefe do grupo de Replicación de ADN.
A nova investigación demostra que a encima PrimPol recoñece
as lesións e sáltaas, de modo que serán reparadas cando finalice a copia.
Esta encima pode producir mutacións, as cales poderían ter
un impacto sobre o envellecemento das células e o desenvolvemento do cancro.
Identificada e caracterizada esta nova proteína no ser
humano, os investigadores avanzan que xa están estudando o seu papel no desenvolvemento
de enfermedades.
Alba Álvarez Pacios
1ºBACH. A
No hay comentarios:
Publicar un comentario