Grazas ao Proxecto Alhambra, feito polo Instituto de Astrofísica de Andalucia (IAA), poderemos saber máis sobre a historia do Universo dos últimos 10.000 millóns de anos. A IAA creou o mapa cosmolóxico con visión tridimensional máis realista existente na actualidade cun nivel de representación nunca visto. Isto sorprende porque a referencia que tiñamos do proxecto estadeunidense, Cosmos, nos dá unha imaxe moi profunda pero dunha soa rexión do ceo.
Mapa que observa as 8 rexións do ceo
Para conseguir a devandita representación, a IAA en colaboración con 16 institutos de investigación internacionais máis, estudaron e observado 8 rexións moi separadas entre elas e lonxe do plano galáctico para que a imaxe non se sature.
Imaxen do telescopio co que se levara a cabo a investigacion
O telescopio utilizado para as observacións estaba composto de dúas cámaras, unha óptica e outra de infravermello. Estas observacións foron feitas no Observatorio de Calar de Alto (Almería) baixo unhas esixentes condicións lumínicas. O mapa está integrado por cada 32 horas de exposición que ten cada unha das millóns de galaxias rexistradas.
Os datos obtidos estarán a disposición da comunidade científica e de calquera curioso. Tamén teñen previsto un documental acerca disto que, se as cousas van ben, se emitirá vía televisíón.
Para saberes máis sobre a noticia, visitade: http://www.elmundo.es/ciencia/2013/11/15/5285e78b61fd3df9548b456d.html , http://www.iaa.es/content/diez-mil-millones-de-a%C3%B1os-de-evoluci%C3%B3n-c%C3%B3smica-al-alcance-de-la-mano
Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A
1 comentario:
Valeria bo resumo.
Publicar un comentario