Unha das enfermidades máis investigadas en tempos recentes é
a enfermidade do Alzheimer , quizais debido ao elevado impacto que está a ter
na poboación adulta. Os avances , aínda que lentos , ocorren a diario en canto
as causas e as posibles respostas á cura ou polo menos poder aliviar os síntomas da
mesma.
A revista JAMA Neurology
publicou un estudo que destaca a
importancia do medio ambiente nesta desorde e en especial , que o estar expostos a un pesticida como DDT aumenta
o risco de desenvolver a enfermidade.
O DDT, sintetizado por primeira vez en 1874, foi amplamente
utilizado como insecticida na agricultura e a silvicultura,a partires de 1939.
Décadas máis tarde, distintos estudos mostraron os seus efectos nocivos para a
saúde e foi gradualmente prohibido en moitos países. Estados Unidos fixerono en
1972 e España , unha década máis tarde. Con todo, o noso país seguiu a permitir
o uso desta sustancia para producir DICOFOL , un plagicida , e non foi ata 2008,
cando o prohibe como sustancia intermedia para a produción doutros compostos
Os metabolitos derivados do DDT, chamados DDE permanecen no ambiente durante
décadas e varios estudos confirman a presenza de DDE no 100 % da poboación
española. Estes inclúen recen nados, o que significa que o feto ten sido
exposto a ela durante o embarazo.
Ese mesmo especialista , Miguel Porta ,investigador do Instituto de
Investigación Médica do Hospital do Mar ( IMIM ) sinala que a presenza de DDE
en sangue mostra que non estamos a conseguir detectar a exposición a esta
sustancia.
A INVESTIGACIÓN:
Ao Estudar 86
pacientes con Alzheimer e 79 sen a
enfermedade descubriu que 74 persoas coa enfermidade tiñan 4 veces máis DDE que aqueles sen a
enfermidade. Ademais, dos que tiñan niveis sanguíneos altos en plagicida, desenvolverán un deterioro cognitivo máis grave.
O Dr Jason R.Richardson , un dós autores deste artigo, non
exclúe que outros pesticidas esten implicados nesta enfermidade ," particularmente
os organofosfatos " e non se mostra sorprendido polos resultados senon que
o que lle preocupa é que non atendamos as probas científicas que van
aparecendo .
Autores españois resaltan deste estudo que o máis importante
é ter chamado a atención sobre este vínculo , porque agora investigarase máis
sobre iso, e que o traballo reflicte a importancia do impacto ambiental en
enfermidades neurodegenerativas. Físoxe perante moito tempo, gran fincapé sobre
a xenética , pero hai que ter en conta factores como a exposición a tóxicos.
As dúas últimas xeracións son as de máis longa duración que calquera xeración anterior, pero foron expostos a condicións que xa pertencen aos antepasados , como a minería, pesticidas, guerras, mala alimentación , e estas cousas teñen un impacto moito máis tarde , despois de 20,30 ou 40 anos. Moitas persoas insisten en poñerse en forma aos 60 anos, pero a clave está nas idades medianas de vida.
NURIA VILA SEIJAS Nº30 1ºBACH- D
No hay comentarios:
Publicar un comentario