A misión Kepler da NASA anunciou eo descubrimento dun botín planetario con nada menos que 715 novos mundos extrasolares. Estes planetas orbitan 305 estrelas, o que revela que conforman sistemas con múltiples planetas moi parecidos ao noso.
Casi o 95% destes planetas son máis pequenos ca Neptuno,
que ten casi catro veces o tamaño da Terra. Este descubrimento
marca un aumento significativo no número de mundos de tamaño pequeno
conocidos máis similares á Terra que os identificados previamente.
«O equipo de Kepler continúa sorprendéndonos coa súa caza
de planetas», dixo John Grunsfeld, administrador asociado do
Directorio de Misións Científicas da NASA en Washington. «Que ests
novos planetas e sistemas solares se parezcan un pouco aos nosos,
augura un gran futuro cando teñamos o Telescopio Espacial James Webb no espacio para caracterizar os novos mundos».
Desde o descubrimento dos primeiros planetas fora do noso Sistema Solar fai aproximadamente dúas décadas, a verificación
dos mesmos foi un proceso laborioso planeta por planeta. Agora, os científicos teñen unha técnica estadística que se pode aplicar a
moitos planetas á vez cando se encontran ante sistemas que albergan
máis dun planeta ó redor da mesma estrela.
Para verificar esta abundancia de planetas, un equipo de
investigación codirixido por Jack Lissauer, científico planetario do
Centro de Investigación Ames da NASA en Moffett Field, California,
analizou las estrelas con máis dun potencial planeta, todos os cales
foron detectados nos dous primeiros anos das observacións de
Kepler, de maio de 2009 a marzo de 2011.
O equipo de investigación utilizou unha técnica chamada de
verificación pola multiplicidade, que se basa no parte na lóxica da probabilidade. Kepler observa 150.000 estrelas e encontrou que
unhas poucas miles albergan candidatos a planetas. Si os candidatos
estaban distribuidos ao azar entre as estrelas de Kepler, solo un
puñado terían máis dun candidato a planeta. Sen embargo, Kepler
observou centos de estrelas que teñen múltiples candidatos. A través
dun cuidadoso estudio desta mostra, verificáronse estes 715 novos
planetas.
Fontes: http://www.abc.es/ciencia/20140227/abci-nasa-confirma-hallazgo-planetas-201402271027.html
Martín González Fernández 1º bach A
No hay comentarios:
Publicar un comentario