Os saurópodos eran recoñecibles polos seus longos colos e colas, así como polo enorme tamaño dos seus corpos e patas. Os últimos saurópodos viviron ata o final da era dos dinosauros, hai uns 65 millóns de anos.
O Leinkupal laticauda viviu aproximadamente hai 140 millóns de anos, segundo o paleontólogo arxentino Pablo Gallina, un dos investigadores. Polo que existiu millóns de anos despois do momento que os científicos determinaran previamente como a desaparición dos diplodócidos.
"Descubrir o Leinkupal foi incriblemente emocionante, porque nunca pensamos que fose posible. Un diplodócidos en Sudamérica é tan estraño como encontrar un tiranosauro rex na Patagonia, trátase ademais do primeiro deles descuberto en Sudamérica", agregou outro dos científicos, o paleontólogo arxentino Sebastián Apesteguía,
PATRICIA MOREIRAS ARIAS Nº 13 1ºBACH D
No hay comentarios:
Publicar un comentario