Máis de 12000 anos de antigüedade teñen os restos
humáns que se atoparon nuns cenotes (covas inundadas) na península de Yucatán(México).
Nun primeiro momento, un experto buzo do National Geographic, cando estaba
explorando unha estreita galería, encontrouse cunha cámara escura que naquel
momento non poideron explorar por falta de luz.
Dous meses máis tarde, voltaron ó lugar con
equipos preparados e entraron na cámara que tiña forma de campá. Cando estaban
explorando viron un cráneo humán nunha pequeña repisa en perfecto estado,
ademais de varios restos arqueolóxicos. Tras anos de traballo dun equipo de
profesionais como arqueólogos, antropólogos, xenetistas, xeólogos….chegaron á
conclusión de que aquel cráneo e os ósos do mesmo esqueleto que había ó seu
arredor pertencían a unha xoven de 15 ou 16 anos que morreu naquel cenote entre
12.000 e 13.000 anos antes.
O análise do ADN de Naia (é así como a chamaron)
indica que é similar os dos nativos americanos actuais o que consiste nunha das
probas máis convincentes ata a data do nexo entre os paleoamericanos, os
primeiros habitantes de América despois da ultima idade de xeo, e os nativos
americanos.
Esto indícanos que as diferenzas entre ambos
grupos son o resultado da evolución in situ máis que a consecuencia de
emigracións separada desde distintos lugares do vello mundo.
Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D
No hay comentarios:
Publicar un comentario