Para a gravación,
empregaron un pequeno somerxible equipado con luces infravermellas case
invisibles para o ollo humano e para o dos cefalópodos, e unha cámara de alta
definición. Un equipo humano formado por un científico, un cámara e o piloto do
somerxible, baixaron silenciosamente ata 630 metros de profundidade, e soltaron
como cebo a outra lura dun metro de
largo. Repetiron este procedemento unhas cen veces, ata que por fin a criatura
apareceu. Perseguírona uns 900 metros polas profundidades mariñas gravando as imaxes
que agora nos ofrecen.
O animal captado
tiña uns tres metros de largo, pero carecía dos seus dous tentáculos máis
prominentes, polo que se cree que inicialmente puido medir 8 ó 9 metros. As
imaxes tamén captan os enormes ollos (do tamaño de pelotas de baloncesto) e as
ventosas de ata 5 cm de ancho.
Segundo a
información obtida ata agora, a lura xigante parece ser o invertebrado máis
grande, que pode alcanzar un peso duns 1000 kg e uns 20 m de lonxitude, e que vive nas profundidades mariñas entre 400
e 1500 m, onde a presión é moi elevada e a luz solar case inexistente.
Toda esta
información foi extraída dos exemplares deste animal, case sempre mortos, que
recollían os pescadores na superficie. Pero nunca antes analizárase a vida submarina
de estas míticas criaturas, polo que esta expedición é todo un avance cara o
estudo de estas especies tan pouco comúns.
Ademais, as
imaxes conseguidas nesta investigación amosan o seu comportamento pacífico e
solitario, o que lle quita a mala fama de ser o “kraken”, un monstro mariño que
afundía os barcos noruegueses durante o século XVIII.
Se queres documentarte máis sobre a lura xigante, fai clic aquí para ver unha presentación.
Se queres documentarte máis sobre a lura xigante, fai clic aquí para ver unha presentación.
FONTES DE INFORMACIÓN
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/01/10/actualidad/1357828860_544105.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/01/07/natura/1357547744.html
http://www.abc.es/ciencia/20130110/abci-imagenes-video-calamar-gigante-201301101555.html
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A
1 comentario:
Cando lin a túa noticia recordei a novela Veinte mil leguas de viaje submarino de Julio Verne.
Publicar un comentario