Un meteorito de
2.100 millóns de anos procedente de Marte atopado no Sáhara no 2011 supón,
segundo os científicos, un paso máis cara o descubrimento, e posterior
investigación, de vida en Marte. O fragmento, chamado Northwest
Africa (NWA) 7034, de 0’7
libras (198’45 gramos aproximadamente) contén máis auga que calquera outro
meteorito marciano. Os científicos están usando esta auga para medir as condicións
do planeta nesa época. Estes novos avances foron publicados na revista online
de Science o pasado 4 de xaneiro.
Todos os
meteoritos marcianos clasifícanse en tres grupos: Shergotty, Nakhla e Chassigny. Este
meteorito non pertence a ningún destes grupos, polo que terá a súa propia
clasificación.
O meteorito
contén carbón orgánico, característica común cos demais meteoritos que veñen de
Marte. A única diferenza é que este novo fragmento é 10 veces máis antigo que
calquera dos descubertos anteriormente. Provén da época xeolóxica de Marte máis
recente, chamada Siderikiana (amazoniana). O NWA 7034 componse de fragmentos cementados de
basalto (rocha que se forma a partir de lava arrefriada rapidamente). Esta
composición é común en mostras lunares, pero non en meteoritos marcianos.
O doutor Carl B.
Agee, astrónomo da Universidade de Novo México e xefe da investigación, matiza
que o meteorito parece proceder dunha explosión volcánica. Tamén aclara que a
auga que contén pode ter a súa orixe en augas subterráneas ou en augas
superficiais próximas ó lugar da explosión. “A mostra pode darnos unha idea de
cómo era a actividade volcánica daquela, polo que tamén nos informa das
características da superficie de Marte naquel tempo” dixo o doutor Agee, engadindo que
a abundancia de auga “suxire que hai posibilidades de que puidera existir vida
en Marte hai 2.1 millóns de anos”.
Segundo Andrew Steele, da Institución Carnegie e un dos
coautores do estudo, “trátase do meteorito marciano máis rico xeoquimicamente
xamais encontrado e as análises que se realizaron van revelar probablemente outras
sorpresas”.
Fontes de información:
New York Times
La Voz de Galicia
ABC
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario