O achado do bosón
de Higgs, a partícula que os físicos buscaban de forma inesgotable
desde fai 40 anos, foi considerado pola prestixiosa revista como o
descubrimento científico máis importante do ano. O Higgs é a clave para
explicar cómo outras partículas elementais, como electróns e quarks, obteñen a
súa masa, e pon a última peza do complicadísimo quebracabezas coñecido como o
modelo estándar da física. A publicación identificou outros nove logros
innovadores para completar o seu «top ten», entre eles a secuenciación do
xenoma do Denisovano, a aterraxe do Curiosity en Marte ou a formación de óvulos
a partir de células nai. A lista é a seguinte:
1- Por fin aparece o bosón de
Higgs:
O 4 de xullo os
físicos do CMS e ATLAS, os dous maiores experimentos do Gran Colisionador de
Hadróns (LHC), ubicado no CERN, preto de Xenebra, en Suíza, confirmaban
emocionados a existencia dunha partícula que coincidía coa descrición teórica
do bosón de Higgs.
O achado permitía
explicar cómo o resto de partículas elementais obteñen a súa masa. Os
científicos asumen que existe un campo enerxético que traspasa todo o Universo,
o campo de Higgs, por onde as partículas se moven como os peixes o fan na agua.
Canto maior é a partícula, máis resistencia encontra ao moverse. En definitiva,
o Higgs é o que fai que os obxectos teñan masa, incluídos, nós mesmos. Sen él,
o Universo sería moi diferente ao que coñecemos.
2- O xenoma do Denisovano,
secuenciado:
Un equipo de
científicos do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leipzig
(Alemaña), secuenciou ADN mitocondrial extraído dun fragmento de óso
provinte do dedo dunha nena con ollos marróns, cabelo escuro e pel morena
quen morreu en Siberia fai entre 74.000 e 82.000 anos a.C. A análise do ADN
mitocondrial indica a existencia dun ancestro común entre o homínido de
Denisova, Homo sapiens e o home de neandertal, que puido vivir fai aproximadamente
un millón de anos. O ADN mitocondrial indica que este homínido procede dunha migración
desde África distinta á da entrada do Homo sapiens en Europa, á dos ancestros
dos neandertais e distinta, asimismo, do éxodo temprano do Homo erectus.
Un molar descuberto
na mesma cova tamén deu ADN mitocondrial que se asemella ao do óso do dedo. O
molar presenta características morfolóxicas claramente diferentes as dos
neandertais e os humáns modernos, o que confirma que pertence a unha especie
cunha historia evolutiva distinta.
3- Obteñen óvulos de células nai:
Nun desafío aberto a un dos grandes dogmas da xinecoloxía, un grupo de científicos
xaponeses da Universidade de Kioto conseguiron crear por primeira vez óvulos
viables a partir de células nai embrionarias e tamén de células nai
reprogramadas a partir de tecidos adultos, algo que ningún outro equipo lograra
ata o momento. A partir de esos óvulos, e tras realizar unha fecundación in
vitro convencional, o equipo obtuvo unha camada de ratóns sans que demostran a
viabilidade dos óvulos deseñados no labortorio de Hayashi. O achado, dicen os
seus autores hoxe na revista ‘Science’, pode axudar a entender trastornos de fertilidade
en mulleres e ser aplicado, nun futuro moi lexano e incerto, a posibles tratamentos.
4- A complexa aterraxe do Curiosity:
5- Raios X contra a enfermidade do sono:
Un equipo
internacional de científicos utilizou un innovador láser de raios X no
Laboratorio do Acelerador Nacional SLAC (California, EE.UU) para revelar a
estrutura dunha enzima clave que permite ao parásito Trypanosoma brucei causar
a enfermidade do sono en África. O descubrimento pode abrir unha nova vía de
tratamento contra a infección, que transmite a mosca Tsé-Tsé a unhas 70.000
persoas cada ano, e revela o potencial de este tipo de láser, mil millóns de
veces máis brillante que a fontes sincrotrónicas tradicionais, para descifrar
proteínas.
6- Enxeñería xenética máis
precisa:
Científicos da Universidad de Minnesota (EE.UU.) desenvolveron unha nova
tecnoloxía de edición do xenoma denominada TALENs, máis barata e rápida, que
permite aos científicos modificar xenéticamente peixes cebra, sapos, gando e
outros animais. Os investigadores poden alterar ou inactivar xenes específicos
con máis habilidade, o que tamén lles permitirá aprender máis sobre as
enfermidades humanas.
7- Exóticos fermións dan a cara:
A existencia de
fermións de Majorana, partículas que actúan como a súa propia antimateria e se
aniquilan a sí mesmas, foi debatida durante máis de sete décadas. Este ano,
físicos e químicos holandeses obtiveron a primeira evidencia sólida de que dita
materia exótica existe, na forma de quasi-partículas. Os científicos cren que
estas misteriosas partículas poden ser empregadas na computación cuántica para
fabricar equipos máis eficientes.
8- O ADN quédase sen lixo:
O proxecto Encode
(Enciclopedia de elementos de ADN), a investigación de maior importancia na
actualidade no campo da xenómica, conseguiu adentrarse na parte escura do
xenoma, que supón o 98,5% de todo o ADN humán. 30 estudios distintos publicados
simultaneamente en catro revistas de alto impacto desvelaron que o que se
consideraba ADN lixo non é en absoluto un desfeito, senón que xoga un papel
clave na regulación dos xenes. O descubrimento abre a porta a descifrar por qué
pacientes coa mesma enfermidade evolucionan de forma distinta e podería dar importantes
pistas sobre patoloxías como a esclerosis múltiple, a enfermidade de Crohn ou
afeccións cardíacas.
9- O poder da mente:
10- A clave dos neutrinos:
Centos de
investigadores que traballan no Experimento Neutrino do Reactor de Daya Bay en
China demostraron cómo estas elusivas e fantasmagóricas partículas que xenera,
por exemplo, o Sol, e atravesan todo o que se encontran se transforman dun
«sabor» o tipo a outro conforme viaxan á velocidade da luz. Os resultados suxiren
que os neutrinos poderían axudar no futuro a explicar por qué o Universo contén
tanta materia e tan pouca antimateria.
Enlaces:
http://www.abc.es/ciencia/20121220/abci-diez-grandes-descubrimientos-cientificos-201212201036.html
http://es.paperblog.com/los-10-avances-cientificos-mas-destacados-del-2012-segun-science-1625401/
Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D
No hay comentarios:
Publicar un comentario