Un equipo internacional de científicos publica o primeiro mapa da profundidade das augas subterráneas do mundo. Entre os investigadores atópase un galego: Gonzalo Míguez Macho, da Universidade de Santiago; que é o que codirixe a investigación. O seu traballo publicarase na revista Science.
Segundo os seus estudos, os cales levaron varios anos recollendo información sobre acuíferos, pozos e augas subterráneas de todos los países del mundo da literatura científica e de arquivos gobernamentais, estas augas xogan un papel importante en canto ó clima e ós ecosistemas terrestres. Míguez explica que “Ten unha influencia directa no ciclo do carbono e da auga, o que inflúe no clima”. Ademais o traballo desvela que entre o 21 e o 32% da capa freática (nivel superior dos acuíferos) é pouco profunda, o que afecta ós ecosistemas. Esta auga é a que nutre a ríos, árbores e demais vexetación, o que permite a transpiración e fotosíntese das plantas. A acumulación de auga nas capas freáticas crea humidais, que emiten grandes cantidades de metano (gas do efecto invernadoiro).
Vídeo sobre as augas subterráneas:
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario