O Museo de Ciencias de Londres expón ata
finais de marzo a Rex, o primeiro home biónico. Este foi deseñado e creado por
un grupo de expertos en robótica, Shadow.
Entre o seu equipo atópase o psicólogo suízo Bertolt Meyer, que naceu sen a man
esquerda. O robot foi bautizado tamén como “o home do millón de dólares”, xa
que está valorado en tal cifra (uns 600.000 mil euros).
O robot ten dous metros de altura, cara,
brazos, mans, corazón, sangue,xeonllos e un ril. Órganos internos coma o
páncreas, os pulmóns ou a vexiga que aínda están en desenrolo. Hai partes de
corpo coma o estómago que non poden ser construídas: “O único estómago artificial
que vimos é moi grande y xera electricidade, polo que non podía usalo para reemplazar
un estómago humano, pero estou seguro de que hai xente na comunidade da
medicina rexenerativa que está traballando niso”.
Rich Walker, director executivo de Shadow comentou que “Estábamos moi
sorprendidos da cantidade de órganos humanos que se podían reemplazar. Hai
algúns órganos vitais que faltan […] pero entre o 60 e 70% dun foi posible
reconstruílo”.
Este home biónico é unha mostra do avance da medicina e da tecnoloxía
en órganos artificiais.
Engado unha entrevista, en inglés, que o periódico británico The Independient fixo a Rich Walker: Entrevista a Rich Walker .
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario