Por primeira vez en España, a técnica da
criopreservación deu os seus froitos co desenvolvemento de coellos a partir da
fecundación “in vivo”, con óvulos previamente conxelados.
Conta o investigador do Grupo de Mellora
Xenética Animal da Universidade Politécnica de Valencia, que o proxecto comezou
na década dos 90 e tras quince anos de traballo, conseguiuse que hai uns días
naceran tres crías de coello sanas que evolucionan correctamente.
O Grupo de Mellora Xenética Animal conseguiu,
mediante a selección xenética, producir certas características nos animais,
como a creación de coellos con mellores aptitudes maternais e así ser capaces
de sacar adiante as súas crías.
A investigación ten por obxectivos o
desenvolvemento de técnicas de criopresevación de óvulos e embrións, así como
os seus efectos sobre o desarrollo embrionario e fetal., Aínda que a técnica aínda se atopa en vías de
experimentación, espérase que nun futuro sirva para aplicacións biotecnolóxicas
como as tecnoloxías de reprodución asistida, a conservación de recursos
xenéticos e a obtención de células nai embrionarias.
Gloria de las Heras, 1ºbach, D.
2 comentarios:
Gloria poderías explicar que é a criopreservación?
A criopreservación é o proceso no cual células, tecidos, órganos ou mesmo individuos completos son sometidos a moi baixas temperaturas para a súa conxelación,(rondando os -80/-196 º) para diminuir as funcions vitais dunha célula ou un organismo e mantelo nun estado de vida suspendida por longos periodos de tempo.
Os seus usos máis comúns entran dentro do campo da experimentación con embrións, células nai e gametos.
Publicar un comentario