Conséguese por primeira vez fotografar os procesos de
ruptura e creación de enlaces entre átomos dunha molécula exposta a unha reacción
química. O estudo foi levado a cabo por científicos da Universidade de Berkeley
(EEUU) e a Universidade do País Vasco e inclúese entre as investigacións
destacadas da edición online da revista Science Express. Será ademais publicado
na edición en papel de Science a
mediados de xuño baixo o nome de “Direct Imaging of Covalent Bond Structure in
Single-Molecule Chemical Reactions”.
Dimas Oteyza, primeiro autor do artigo,
explica que os perfiles rexistrados tras facer reaccionar as moléculas “mostran
claramente como se forman novos enlaces químicos e como os átomos dentro das
moléculas se reorganizan para formar novas estruturas”. Esta investigación
tamén ten relevancia para a fabricación de novos materiais e aparatos electrónicos
de medida de alta precisión a escala nanométrica.
Fontes de información:
Antía Quintana Gallego, 1º BACH A
No hay comentarios:
Publicar un comentario