Un grupo de investigadores da Universidade de Alberta
(Canadá) espertaron dun sono case eterno a un tipo de plantas non vasculares
chamadas briofitas
enterradas no glaciar Teardrop da illa de Ellesmer, no ártico canadiense. Este
tipo de vexetais, ó que tamén pertencen os musgos, son as plantas terrestres máis
sinxelas: carecen de follas, tronco e raíces elementos típicos dos vexetais
superiores. Teñen elementos análogos chamados filoide, cauloide e rizoide.
Dende que os glaciares
empezaron a retroceder, varias investigacións atoparon especies vexetais debaixo do xeo, pero sempre
estaban mortas. Nesta ocasión os científicos descubriron plantas que foron sepultadas
polo xeo no período que se chamou a Pequena Idade de Xeo (1550-1850) segundo demostraron cas técnicas de datación por
radiocarbono. As plantas atopadas estaban ben conservadas e incluso
algunhas mostraban brotes verdes, sinal da rexeneración. Tomaron fragmentos
delas, as cultivaron no laboratorio e comprobaron a súa capacidade para volver
a crecer. Chegaron a conseguir once cultivos de sete tipos diferentes de plantas.
Estes resultados,
publicados na revista Proceedings, indica que as briofitas son
máis resistentes do que se crían e poderían contribuír ó desenvolvemento e recolonización
de ecosistemas polares, segundo indican os autores deste estudio.
Que son as briofitas?
FONTES DE
INFORMACIÓN
Iago Rodríguez Peña 1º BACH A


1 comentario:
Iago, moi ben os hipervínculos.
Publicar un comentario