Os efectos do cambio climático estanse a notar xa e a sua
incidencia será mais salientable a curto e medio prazo.
O Panel Intergubernamental da ONU sobre o cambio climático (
IPCC ) ven de alertar sobre o maior risco de sequías, inundacións e incendios
forestaes en Europa por mor do cambio climático.
Neste informe presentado en Yokohama (Xapón) interviron mais
de cincocentos expertos científicos e representantes políticos onde analizaron
os datos actuais do clima e o impacto do cambio sobre o home e a natureza en
diversas rexións do mundo.
Este amplo informe ve sólidas evidencias de todas as
disciplinas e afirma que xa non hai ninguna dúbida de que o clima está
cambiando e atribue nun 95% a actividade human como causante do mesmo.
O documento analiza os cambios previstos a medio e longo
prazo (2030-2040) e (2080-2100) e considera o quecemento global de 2 e 4 graos
centígrados respectivamente.
Consecuencias
No caso de Europa o cambio climático fará aumentar as restriccións
de auga debido a reducción da extracción dós ríos e acuíferos subterráneos
compaxinada co aumento da demanda para regadíos, industria e uso doméstico.
Será mais notorio nas rexións do sur de Europa.
Tamén aumentarán as olas de calor , e con elo a incidencia
negativa na salud, productividade laboral, calidade do aire…. , e que fará
aumentar o risco de incendios forestaes.O risco de inundacións na costa será
maior así como o aumento do nivel do mar e a erosión da costa.
Medidas
Ademais de estar alerta ante posibles fenómenos climáticos,
o IPCC recomenda mellorar a xestión dos recursos hídricos e promover o aforro
da auga.
Especialmente fan fincapé na necesidade de reducir as
emisións de gases de efecto invernadoiro, causa principal do quecemento global.
Nuria Vila Seijas Nº30 1ºBACH-D
No hay comentarios:
Publicar un comentario