sábado, 3 de noviembre de 2012

Volven os dinosaurios?

No ano 2009 o paleontógo da Universidade de Montana, Jack Horner, anunciou que  quería revivir un dinosaurio. Parece ser que ese desexo pode facerse realidade manipulando o ADN dos seus descendentes actuais. Trataríase de espertar xenes que están durmidos nunha galiña e transformala nun dos seus ancestros prehistóricos. Por que unha galiña? Pois porque o seu esquelete e o dun dinosaurio son moi parecidos ademais de compartiren os ovos de casca dura, as plumas… O camiño que hai que percorrer é o inverso, é dicir, ir de adiante para atrás no proceso evolutivo.
 Para que isto sexa posible  hai que contar cos xenes chamados Hox que están presentes en todos os animais, fungos e plantas e que son os que lle din ao embrión onde , cando e como hai que desenvolver unhas patas, unhas ás…  é dicir, aquilo que nos identifica como unha especie distinta.  Para isto os Hox fabrican unha serie de proteínas que se pegan nunhas zonas do ADN e fan que se acendan ou apagan os xenes.  Así pois, se implantamos os xenes Hox no embrión dunha especie emparentada, teremos un animal xeneticamente similar á especie extinta.
Existe o proxecto de clonar o tigre de Tasmania que se extinguiu hai case un século e quen sabe, quizais dentro de 20 anos vexamos un Tyrannnosaurus rex  tan cerca coma agora os vemos na pantalla do cine ou do noso televisor.




MuyInteresante
Goo.gl/ xGUZk
Goo.gl/2m3uK
Goo.gl/SWNul


Brais Casas 1ºD