Aumento de cancros relacionados co accidente nuclear de Fukushima.
Poucos días nos separan do segundo aniversario do accidente nuclear de Fukushima, ocorrido o 11 de marzo de 2011, pero os agasallos que este acontecemento nos deixou tanto aos homes como ao medio ambiente non son moi favorables. Os efectos son fortemente notables , así se reflexa nos últimos estudos coma no informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) onde destaca un leve aumento nos casos de cancro nas zoas máis achegadas á central nuclear.
Concretamente, aumenta nun 4% o risco en
todos os tumores en calqueira órgano; presentándose 6% máis de cancro de mama e ata 70% de risco na tiroides para as mulleres e para as nenas
que resultaron expostas as dosis máis altas de radiación. A tiroides é unha glándula endócrina que precisa
iodo para producir hormonas que regulan a enerxía e o metabolismo do corpo.
Esta glándula non diferenza entre o iodo estable e o iodo radioativo e vai absorber todo o que lle sexa posible, por isto precisa especial proteción
contra o escape de material radioactivo. Ademáis, na infacia é unha das partes
do corpo máis sensibles á radiación e o organismo celular renovase rápidamente
polo que se alguna célula se volve cancerosa, o tumor desarroiarase con máis
rapidez.
O emprego de pastillas de
iodo, compostas por ioduro de potasio, teñen como obxetivo principal frear
estes danos xa que saturan a glándula para que non poda absorver mais iodo
radioactivo. A pesar da súa eficacia para protexer a tiroides nas primeiras
horas de exposición, non protexe o resto do organismo. En Xapón xa se
repartiron unas 200.000 tabletas entre a poboación.
Para os varóns o risco máis
destacado refírese á leucemia e faino cun incremento do 7% para os rapaces que
viven preto da área sinestrada.
Estas cifras compáranse coa
poboación sana da mesma idade. Isto é que se unha rapaza non afecada polo
suceso ten un risco de cancro de tiroides do 0.75%, outra achegada ao epicentro
nuclear terao incrementado un 1.25%. Sen embargo, fora dos 20 km a redonda de
Fukushima as cifras xa se reducen á metade.
Pero este fatal accidente
non só tivo repercusións na poboación xaponesa senon tamen chegou a outras rexións do
mundo, aínda que nesta área se tripliquen as dosis de radiación que pode
percibir unha persoa en todo o ano. Segundo este informe da OMS, no resto de Xapón
e do mundo non se aprecia un incremento (do risco de cancro) aínda que dous
anos é un prazo moi curto como para poder apreciar os seus daninos efectos. Así
o afirman científicos coma para Eduardo Rodríguez-Farré, membro do comité sobre
novos riscos para a saúde da Copmisión Europea, aínda que fai incapé no notable
incremento de cancro infantil en tan curto prazo.
O desastre de marzo do 2011
provocou a morte e desaparición de 20.000 persoas, obrigou a desprazarse dos
seus fogares a outras 86.000 que vivían nun radio de 20km e a aillarse nas súas
casas aos que estén dentro do radio dos 30km. Estas son as medidas xaponesas
para protexer a súa poboación.
Por engadidura, un tercio
dos trabaladores que permaneceron na central as horas posteriores á fuga teñen un
30% de incremento do risco de padecer cáncer con respecto da poboación xeral.
Descártase tamén que este relacionado co aumento de abortos e malformacións e
outros problemas de saúde, ainda que a OMS recomenda un estreito seguimento a
longo prazo con revisións periódicas para poder detectar calquer tumor a desarroiar.
PARA SABER UN POUCO
MÁIS:
O accidente nuclear de
Chernóbil (Ucrania) en abril do 86 é considerado xunto co de Fukushima coma o
máis grave da Escala Internacional de Accidentes Nucleares e un dos maiores
desastres medioambientais da historia.
O de Fukushima foi orixinado
por unha serie de incidentes tales coma as explosións nos edificios que
albergan os reactores nucleares, faios nos sistemas de refrixeración e
liberación de radiación ao exterior.
Estes fenómenos liberan ao
medio os productos radioactivos e, nestas emisións, independentemente da súa
magnitude, afectan seriamente a todo tipo de organismos sobretodo a nivel
inmunolóxico e xenético, provocando malformacións xenéticas nas novas
xeracións. A gravidade dos danos producidos depende do material e tempo de
exposición.
Pero sen dúbida, teñen un
altísimo impacto destructivo sobtre todos os compartimentos do ecosistema,
extendéndo os seus efectos no tempo.
Deste xeito, os incendios
das explosións provocaron efectos de dispersión atmosférica dos productos
radioactivos que se depositaron de maneira desigual, dependendo da súa
volatilidade e das chuvias durante eses días.
|
Peixes de Fukushima con altos niveis radioactivos. |
Os máis volátiles alcanzaron
grandes distancias e a contaminación radioactiva ata chegou a alcanzar zoas de
España. Foi o Consello de Seguridade Nuclear (CSN) quen detectou pequeñas
cantidades de Iodo-13 e Cesio-137 por debaixo dos límites aceptables de dosis
de radiación, nas rexións mediterráneas e nas Baleares.
Estes reiduos atópanse parcialmente almaceados
en contenedores ou enterrados en trincheiras, pudendo provocar riscos de
contaminación das augas subterráneas.
Tamén afectou á contaminación de alimentos,
sobre todo con Cesio-139 cuxa vida media é de 30 anos e o edecto durará moitas
décadas máis. Non a ves, nin a tocas, nin a sintes pero está ahí.
Pero… ¿Qué son e onde están as
radiacións?
Algunhas
cuestións plantexadas por EL MUNDO ao doctor Ferrán-Guedea con Eduardo
Gallego, profesor do departamento de Enxeñería Nuclear da Universidad Politécnica
de Madrid e vicepresidente da Sociedade Española de Protección Radiolóxica:
Son un tipo de enerxía que forman
parte da natureza. Por exemplo, gran
parte do solo está composto por uranio ou tamén percibimos radiación procedente
das estrelas, coma a do sol.
Tamén se atopan en apllicacións
artificiais coma a enerxía nuclear e certas aplicación médicas ( coma a
radioterapia para tratar o cancro ou os raios X)
¿Cómo as absorbe o corpo?
Hai moitos tipos de partículas nas radiacións,
pero as que máis abundan son as de tipo gamma que atravesan sen dificultade os
texidos e impactan no ADN das células, donde se produce el efecto más
importante xa que pode provocar mutaciós celulares e dar lugar aos diversos tipos
de cancro.
A radiación tambie se pode inhalar. Esta vía
ten un agravante, porque o elemento químico entra no corpo, pode metabolizarse
e permanecer durante moito tempo descargando radiacións e provocar tumores.
¿Qué riscos supoñen para a saúde?
A radiación controlada non representa ningún
risco. De feito, conviven connosco en hospitais, industrias, en certos gases do
terreno... Serven para tratar o cancro (radioterapia) e para diagnosticar moitas
enfermidades (a través de radiografías, por exemplo).
Outra cousa é o que pasou en Xapón. Unha
situación inesperada e impredecible. As repercusións dependen da
distancia a que se atope cada persoa, a sensibilidade e das
dosis e os materiais radiactivos emitidos.
¿Qué tipo de efectos ten a radiación no organismo?
Hai que distinguir en primiero lugar entre a
exposición puntual a altas dosis (por riba dos 100 milisieverts), que pode
provocar efectos agudos en pouco tempo (como malestar, queimaduras na pel, caída do cabelo, diarreas, náuseas ou
vómitos), e os danos acumulaudos, que poden causar problemas de saúde máis
graves a longo prazo como cancros, leucemias e cancros de tiroides, como xa se
comentou. Estos efectos teñen que ver coa capacidade das radiacións ionizantes
para provocar cambios na estructura de las células; algo que
non ocorre coas radiaciones non ionizantes (como las de infravermellos).
¿A qué dosis está exposta a
poboación de Fukushima?
Según recoéceu a Axencia de Seguridade Nuclear xaponesa, uns minutos
despois da terceira explosión rexistrada na central, os niveis de radiación
superaron os 8 milisieverts (mSv) por hora, o triple da cantidade normal a que
está sometida unha persoa ao longo de todo un ano.
OUTROS EXEMPLOS DE INTERESE:
FONTES DE INFORMACIÓN:
Alba Cortés Coego
1º Bacharelato A