miércoles, 22 de febrero de 2012

Google tranfórmase nas ondas electromagnéticas de Heinrich Hertz.

Na páxina do buscador máis famoso de Internet volven homenaxear a un dos grandes da historia. Neste caso, rinden homenaxe ao físico alemán Heinrich Hertz, o pai do efecto fotoeléctrico e da producción, detección e propagación das ondas electromagnéticas, no seu 155 aniversario.
Durante a súa carreira, este amante da física probou de forma experimental que as ondas electromagnéticas poden viaxar a través do aire libre e do vacio, construíndo el mesmo no seu laboratorio un emisor e un receptor de ondas. Unha vez publicado este descubrimento, Marconi utilizouno para construir un emisor de radio e Alexander Popov, a través do descubrimento de Hertz, adaptou un aparato seu como receptor de tormentas eléctricas. Tamén foi o descubridor do efecto fotoeléctrico, explicado máis adiante por Einstein, cando notou que un obxecto cargado perde a súa carga máis facilmente ao ser iluminado pola luz ultravioleta.
Polo tanto as telecomunicacións, deben a súa existencia a este físico, e por eso a comunidade científica deulle o seu nome a unidade de frecuencia (Hertz o hercio), decisión que tomouse no ano 1930 pola Comisión Electrotécnica Internacional.


NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD