lunes, 25 de febrero de 2013

Yeti: posible cruzamento entre un homínido e unha Homo sapiens

No ano 1951 unha expedición ó Everest regresou con fotografías de pegadas enormes na neve, das cuais dixérase que pertencían a unhas criaturas xigantes do Himalaya descoñecidas pola ciencia. A partir deste momento moitas persoas aseguraron ver a este estrano ser no Himalaya, en EE.UU, nas montanas do Cáucaso e en Sumatra.

A raíz destas especulacións, algúns investigadores como Melba Ketchum e Bryan Sykes decidiron utilizar os avances da ciencia para comprobar a existencia do ser ao cal se lle chama Yeti (Bigfoot en EE.UU), xa que anteriormente houbera numerosos informes enganosos e excéntricos sobre esta criatura.

Estes dous investigadores, ao igual que un equipo da Universidade de Oxford e da Universidade de Lausana    , basaron os seus estudos na análise xenética de restos orgánicos que poderían pertencer ao Yeti, estes restos foron atopados en lugares nos que algúns excursionistas aseguraban telo visto.

Agora a investigadora Ketchum di ter probas científicas da existencia do Yeti. Según as súas conclusións a criatura é un cruzamento producido hai 15.000 anos entre homínido e Homo sapiens. O seu traballo foi publicado na revista estadounidense "DeNovo" que segundo os medios de comunicación do país , dita revista foi comprada por Ketchum para sacar á luz a súa investigación. A publicación asegura que os datos da investigadora baséanse en mostras de ADN, as cuais pertencen a especies estreitamentes relacionadas cos seres humanos.


Adriana Canto Calviño. 1º BACH: A

Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/1194635/sociedad+ciencia/el-yeti-un-cruce-entre-un-hominido-y-una-homo#.USu0Uh1g_To