sábado, 8 de junio de 2013

Poñendo prezo aos problemas.

Un millón de dólares por resolver un problema? Pois así o propón o banqueiro norteamericano Andrew Beal, quen, no ano 1997 deseñou unha aparentemente sinxela ecuación matemática que ata o día de hoxe segue sen verificación.
A famosa ecuación indica que se Ax + By = Cz,  onde A, B, C, X, Y, Z son números enteiros positivos, sendo x, y, e z mayores que dous, entonces A, B e C han de ter un factor común primo.
Andrew Beal, cuxa aficción é o plantexamento de teoremas numéricos, anima aos mais novos a introducirse no  mundo das matemáticas: "Me gustaría animar a los jóvenes a que estudien matemáticas y ciencias. Incrementar la gratificación me parece
una buena manera de atraer la atención sobre las matemáticas en general y, especialmente, sobre la Conjetura"conta Beal.
Máis dilemas coma este rondan polo mundo, tales como os Problemas do Milenio, unha serie de exercicios levados a cabo polo Clay Mathematics Institute, que ofrece recompensas de un millón de dólares a quen sexa capaz de resolvelos.

Xa nos gustaría aos que tivemos que estudar matemáticas na nosa etapa de formación que nos ofreceran tales cifras de diñeiro cada vez que trouxéramos un exercicio ben feito.

Fontes de información:

Información máis detallada da ecuación: http://es.wikipedia.org/wiki/Conjetura_de_Beal

Os nove sinais ocultos do avellentamento

Dende que fai tres décadas se descubriu en vermes que vivir o dobre de tempo dependía só de 9 xenes, iniciouse a era dourada da ciencia do avellentamento en humanos: postuláronse máis de 300 teorías e publicáronse arredor de 250.000 artigos científicos sobre o tema, que aportaron moitos resultados, pero tamén moita confusión.
Agora un equipo científico liderado por investigadores españois (María Blasco e Manuel Serrano do CNIO (Centro Nacional de Investigación Oncolóxica)) e Carlos López-Otín da Universidade de Oviedo) xunto con Guido Kroemer da Universidade de París Descartes e Linda Partridge do Instituto Max Planck (Alemaña), revisaron eses estudios sobre o avellentamento e publicaron as súas conclusións recopilatorias na revista Cell. Non se trata doutro traballo teórico, senón da recollida de evidencias moleculares e xenéticas sobre este tema que serán claves no camiño en investigacións futuras. O equipo di que non buscaron “o elixir da xuventude” senón dianas farmacolóxicas que melloren a saúde durante a vellez co fin de vivir máis tempo en boas condicións.
Un dos aspectos claves no estudio é que se proba a relación directa entre cáncer e avellentamento pois comparten unha orixe común, son dúas manifestacións do mesmo proceso. O avellentamento resulta da acumulación do dano no ADN ó longo da vida, e ese proceso tamén orixina enfermidades coma o cáncer, a diabetes ou alzhéimer.

O estudo publicado onte (The hallmarkers of Aging) define os nove indicadores moleculares do avellentamento, ordenándoos xerarquicamente en tres categorías:

1.-Danos primarios: son os causantes primarios do avellentamento.
·         Inestabilidade xenómica. Son os defectos que se van acumulando nos xenes co tempo, por causas intrínsecas ou extrínsecas. É o dano directo o noso ADN.
·         Acortamento dos telómeros. O acortamento dos capuchóns que protexen os extremos dos cromosomas.  Determinados hábitos de vida fan que se erosionen a unha  maior velocidade.
·         Alteracións epixenéticas. Enténdense por  epixenética a influencia do entorno na expresión dos xenes herdados. As alteracións son danos ás proteínas que se unen ó ADN que resultan da experiencia vital e da exposición ó  ambiente. Segundo  os investigadores, a lonxevidade normal, ata os 80 anos ten un compoñente xenético modesto (un  25% baseado en estudos de xemelgos separados) pero a extrema, ata 100 anos, ten un compoñente xenético maior.
·         Perda da proteostasis. A non eliminación de proteínas defectuosas supón que ó acumularse, causen patoloxías asociadas o avellentamento. No Alzhéimer, as neuronas morren porque se forman placas dunha proteína (beta-amiloide) que non se eliminou.

2.- Danos secundarios: son respostas do organismo ás causas desencadeantes do avellentamento, que tratan de corrixir os seus danos, pero que si se cronifican ou esaxeran, vólvense nocivas .
·         Senescencia celular. Induce á célula a deixar de dividirse cando acumula moitos defectos. Así prevén o cáncer, pero si se da en exceso os tecidos avellentan.
·         Dano oxidativo. Desequilibrio entre a produción de especies reactivas do osíxeno (ex. radicais libres) e a capacidade dun sistema biolóxico de detoxificar os reactivos intermedios ou reparar o dano. Os investigadores cren que non está fundamentado o uso dos antioxidantes para retardar o avellentamento.
·         Exceso de nutrientes. Mecanismos metabólicos (probados en ratos) que fan que se prolongue a vida ó diminuír a inxesta de calorías. Porén, os investigadores  cren que se ben é certo que a escaseza de nutrientes pon en marcha estratexias protectoras, co tempo e en exceso poden ser patolóxicas. 

3.-Danos terciarios: Este grupo de indicadores emerxen cando os danos causados polos dous anteriores non poden ser compensados.
·         Perda de células nai. Chega un momento en que as células nai dos tecidos esgótanse e deixan de exercer a súa función rexeneradora.
·         Perda de sinais positivas de comunicación entre tecidos. Aparecen erros na comunicación intercelular, que dan lugar, por exemplo, á inflamación, un proceso que cando ocorre de forma crónica asóciase co cáncer.

Seremos capaces de tomar “nota” de todos os factores externos que afectan a nosa vida xenética e molecular? Conseguirase aumentar a esperanza de vida en boas condicións de saúde? 

Fontes de información:


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A