sábado, 26 de mayo de 2012

Hidróxeno como combustible

HIDRÓXENO COMO COMBUSTIBLE GRAZAS A LUZ SOLAR

Unha tecnoloxía inspirada na fotosístesis das plantas e levada a cabo por físicos da universidade Jaume I de Castellón, podería ser a nova fonte de enerxía non contaminante, inesgotable e sen risco do século XXI.



O grupo de investigadores, dirixido por Juan Bisquert, creu un dispositivo capaz de producir hidróxeno por si só empregando unicamente a luz solar. Isto é posible grazas a nanotecnoloxía ( tecnoloxía dos materiais cuxa  magnitud mídese en nanómetros e que se pode aplicar na física, química e na bioloxía) e aos materiais semiconductores cos que conta e que son os encargados de producir esta molécula ,H2, unha vez introducidos en auga (medio acuoso). 

A molécula de hidróxeno libera , ao queimarse, unha gran cantidade de enerxía producindo auga como único residuo e é de esta forma (como H2O) como se atopa o hidróxeno na Terra. 

Para romper a molécula de auga e separar o hidróxeno , este dispositivo realiza todas as reaccións químicas que interveñen no proceso empleando a luz solar e recibe o nome de folla artificial pola súa semellanza a cómo o fan as follas das plantas. Ao sumerxilo, ilúminase cunha potente luz e xenera burbullas de gas hidróxeno.

Polo momento, o rendimento deste dispositivo non é suficiente para comercializalo pero continúan a estudar para que a súa eficiencia consiga satisfacer a demanda enerxética de maneira sostible.

Noelia Rodríguez Rey, Nº 27, 1ºD

Un estudante español crea a cartografía luar máis precisa




O proxecto de fin de carreira, de Iñaki Ordóñez, deu orixe a un mapa topográfico dunha rexión da Lúa coa mellor resolución realizada ata a data.

O seu creador tivo que aplicar as técnicas de teledetección para a superficie terrestre sobre 160 imaxes tomadas pola multitude de satélites que orbitan arredor da Lúa.

A zona estudada na cartografía é a meseta de Aristarchus, de 10.000 quilómetros cadrados. É unha rexión con moita diversidade e riqueza xeolóxica, cun cono volcánico e dous cráteres de impacto chamados ‘Herodotu’ e ‘Aristarchus’ que posúen unha característica importante. Cando un meteorito cae no seu interior e se fonde, o magma cristaliza en materiais novos e diferentes ao arrefriarse. E é o realmente importante deste mapa lunar.

Os astrónomos poderían realizar unha lectura profunda sobre a orixe e a evolución da Lúa e os materiais da súa superficie con este mapa, ademais o seu detallado traballo sobre a orografía e a composición xeolóxica da Lúa o seu peso en ouro para as futuras misións espaciais tripuladas, que prevén establecer mesmo unha base científica permanente na súa superficie.


Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºD