sábado, 4 de febrero de 2012

A maior colección de fósiles da Idade de Xeo atopada no centro de Los Angeles


O museo de Historia Natural de Los Angeles anunciou o descubrimento, en pleno centro desta cidade, de máis de 700 fósiles da Idade de Xeo.
O xacemento apareceu baixo un centro comercial que se estaba a demoler.
Entre estes fósiles atopáronse: o cranio dun león americano, osos de lobo, tigres dente de sabre, cabalos, bisontes, coiotes, linces e un mamut colombiano cos colmillos intactos.



Sandra Vázquez Fernández nº 27 1º E

Descubren un novo exoplaneta, moi parecido á Terra.

Un novo planeta no que podría existir vida polo seu tamaño e temperatura, foi recentemente descuberto por un grupo de astrónomos dos Estados Unidos. O descubrimento é obra dun astrofísico español , Guillem Anglada-Escudé, que posuía unha beca e que agora traballa nunha Universidade Alemá.
A nova" superterra " , que ten unha masa equivalente a 4,5 veces á do noso planeta, orbita en torno a unha estrela moi cerca do Sistema Solar e a tan só 22 anos luz de distancia.
Poco sábese deste novo exoplaneta, pero un dato importante é que recibe ó 90 % da luz que a Terra, e como a maior parte é en forma de infravermellos, calcúlase que absorbe maior cantidade de enerxía. Polo tanto encóntrase nunha situación moi parecida ao noso planeta, cunha temperatura similar na superficie e quizáis agua líquida.

Fonte de información : http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/02/ciencia/1328205012.html

NATHALIE MARTÍNEZ RIBAO 1ºD