Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
Xa que a semana pasada a miña
noticia trataba dos dez descubrimentos máis importantes do 2012 segundo a
revista 'Science', esta semana a noticia tratará sobre o top ten dos científicos
que marcaron a ciencia no 2012
a través dos seus experimentos, da man da revista
'Nature' de Reino Unido que publica por segunda vez este top ten. Pero a revista tamén quixo
homenaxear a outros nomes cuxos logros son moito menos coñecidos, pero que,
dalgunha maneira, cambiaron o coñecemento ou a forma na que éste se consegue ou
se comparte.
1- Rolf-Dieter Heuer, o
diplomático do bosón de Higgs:
A detección do bosón de Higgs anunciada o 4 de xullo de 2012 foi o
descubrimento do ano, quizais incluso da década. Rolf-Dieter Heuer, director
xeral do CERN, tivo o control presupostario do LHC, o gran acelerador que xerou
o Higgs chocando con protóns entre altísimas enerxías. ‘Nature’ valora a man
esquerda e a capacidade de diplomacia de Heuer que, a pesar das fortes presións
soubo comprender as precaucións que tomaron os físicos de analizar os datos,
pois querían estar seguros antes de anunciar ningún achado, e esperou a que os
investigadores estiveran de acordo para facelos públicos.
2- Cynthia Rosenzweig, a
gardiá de Nova York: Nova York non olvidará a tormenta Sandy, que inundou os vecindarios máis
pretos á costa, destrozou fogares, anegou o metro e deixou a millóns de persoas
sen electricidade. Rosenzweig xa previra que algo así podería suceder doce anos
antes, como parte dunha avaliación realizada para o goberno dos EE.UU. sobre o
cambio climático. Grazas a ese traballo, dice ‘Nature’, a cidade de Nova York
incorporou programas de adaptación ao cambio climático nas súas iniciativas a
longo plazo, o que inclúe a mellora das reglas de construción ou a creación de
zonas de seguridade para evitar inundacións.
3- Adam Steltzner, responsable
da aterraxe do Curiosity:
Cando o rover Curiosity atravesaba
a atmosfera marciana o 5 de agosto a gran velocidade, ningún home na Terra
estaba tan preocupado como Adam Steltzner, o enxeñeiro que dirixiu o equipo
encargado da aterraxe do vehículo da NASA. Non era para menos, durante sete
minutos «de terror», o Curiosity efectuou unha cadea de arriscadas maniobras
que nunca foran ensaiadas e nas que non cabía o mínimo error. Sen embargo,
conseguiu aterrar onde estaba previsto, no cráter Gale, para comezar a misión
máis ambiciosa realizada xamais en Marte.
4- Cédric Blanpain, o
rastreador de células:
O equipo do biólogo Cédric
Blanpain, da Universidade Libre de Bruselas (Bélxica), identificou un subgrupo
de células en tumores de ratóns que parecen ser responsables das recidivas.
Estes achados arroxan nova luz sobre o controvertido tema de se as células nai
do cáncer existen nos tumores e poden ter implicacións para futuras terapias.
5- Elisabeth Iorns, a favor do
método científico: Motivada por unha experiencia persoal xa que recibiu duros ataques ao
tratar de advertir e demostrar que un estudo elaborado por terceiros tiña
fallos, a xenetista Elizabeth Iorns fundou en agosto a Reproducibility
Iniciative en Palo Alto (California), que permite aos autores expor os seus
estudos para ser repetidos polos seus colegas de forma desinteresada. Se a
investigación é replicada, as conclusións aparecen na revista científica PLoS
ONE cun enlace ao estudio orixinal.
6- Jun Wang, dono do xenoma:
Este científico de tan so 34 anos
lidera o Instituto Chino de Investigación (BGI), o maior secuenciador de
xenomas de todo o mundo. O BGI creouse en 1999 para dar respaldo ao Proxecto
Xenoma Humano. Cando foi creado, tiña o 1% da capacidade para secuenciar
xenomas existente no mundo, ahora ten o 50%. Traballa con 10.000 colaboradores
de universidades e compañías farmacéuticas e agrícolas, e é capaz de comprar a
outras empresas do mesmo campo. A súa ambición case imposible: secuenciar o
xenoma de cada organismo no planeta. Ten un importante papel na secuenciación
de 10.000 vertebrados, 5.000 insectos e outros artrópodos e máis de mil paxaros,
algúns de eles extintos.
7- Jo Handelsman, a detective
dos prexuízos:
A microbióloga da Universidade de Yale realizou un experimento que pon de
manifesto os prexuízos sexuais no mundo científico. Asegura que tanto homes
coma mulleres tenden a aplicar soldos menores aos curriculum profesionais das
aspirantes femininas. Handelsman enviou a máis de cen científicos o mesmo C.V.
dun suposto estudante que buscaba traballo nun laboratorio, e pediulles que
evaluaran qué salario merecía. A única diferenza é que nalgúns casos o
estudante chamábase «John» e noutros «Jennifer». Os investigadores mostrábanse
maioritariamente máis interesados en «John» e ofrecíanlle un salariosuperior. 8- Tim Gowers, o matemático
activista:
Este matemático da Universidade de Cambridge e gañador da medalla Fields (o
máis alto honor das matemáticas), iniciou a súa propia cruzada contra Elsevier,
o xigante de publicacións académicas con sede en Amsterdam. Gowers cre que as
prácticas da compañía obstaculizan a difusión da investigación (prezos altos,
obrigar as bibliotecas a comprar revistas que non queren para poder acceder as
máis famosas, etc). Máis de 13.000 investigadores de todo o mundo, moitos deles
tamén matemáticos, uníronse a él e fixeron a promesa pública de non ter nada
que ver coa editorial, entre cuxas revistas de alto impacto se encontra ‘The
Lancet’.
9- Bernardo de Bernardinis,
condenado por non prever un terremoto: A madrugada do 6 de abril de 2009,
un terremoto de 6,3 grados na escala de Richter matou a 309 personas e feriu a
1.500 na cidade de L’Aquila, no centro de Italia. Unha semana antes, a Comisión
de Grandes Riscos -formada por científicos expertos en seísmos- dixera que non
existía un peligro concreto. Así o comunicou Bernardo de Bernardinis, entonces
subdirector técnico de Proteción Civil. Él e os sismólogos expertos foron
condenados a prisión por elo, por non «prever» o terremoto, algo que a
comunidade científica considera imposible. Á espera do resultado da súa
apelación, Bernardinis séguese a considerar inocente.
10- Ron Fouchier, o rastreador
da gripe aviar:
Ron Fouchier, do Erasmus Medical Center (Países Baixos), descubriu que
cinco mutacións na cepa dun virus de gripe aviar H5N1 son suficientes para
conferirlle a capacidade de transmitirse en huróns por vía aérea. Estes
achados, publicados de forma íntegra na revista ‘Science’, subliñan o risco de
que un virus similar transmisible podería evolucionar de forma natural e causar
unha pandemia humana. O estudo pode axudar a desenvolver un sistema mundial de
biovixilancia da gripe e novos medicamentos e vacinas.