miércoles, 12 de marzo de 2014

Descuberta unha estrela hiperxigante

A estrela HR5171A, unha hiperxigante amarela con un diámetro de máis de 1300 veces o solar, ha sido observada polo conxunto de telescopios VLT, en Chile. / ESO 

A estrela HR5171A está a  12.000 anos luz da Terra, na constelación de Centauro, e é unha xigante amarela, tan enorme que, con un diámetro de 1.300 veces o do Solar, resulta a mayor que se coñece de este tipo. É aproximadamente un millón de veces máis brillante que a nosa estrela. O ha descuberto un equipo internacional co conxunto de telescopios VLT (do Observatorio Europeo Austral, ESO) en Chile e cunha técnica avanzada de observación, pero combinando os seus resultados con datos de outros telescopios e de traballos de astrónomos aficionados que os científicos profesionaies califican de “excelentes”. É unha das dez estrelas máis grandes, con un tamaño de 50% superior á famosa superxigante Betelgeuse.
As hiperxigantes amarelas son pouco corrientes, solo se coñece unha docena de elas na Vía Láctea, e están nunha fase da sua evolución na que son inestables e cambian rápidamente, expulsando e formando unha nebulosa extensa ao seu alrededor, explican os expertos do ESO. En concreto HR5171A, está facéndose máis grande nos últimos 40 anos, enfriándose ao crecer.
Ilustración da estrela HR5171A e a sua compañeira que forman un sistema estelar doble no que os dous astros se tocan. / ESO

HR5171A forma un sistema binario con unha compañeira de masa inferior e algo máis quente, con unha temperatura da primera na sua superficie que ronda os 5.000 graos centígrados; a menor da unha volta completa alrededor da maior cada 1.304 días terrestres, con un marxe de error de seis días máis o menos. Esta formación de sistema binario ha sido unha sorpresa para os astrónomos ao realizar as últimas observaciones. “As dous estrelas están tan xuntas que se tocan e o sistema no seu conxunto parece un cacahuete xigante”, dice Olivier Chesneau (da Universidade de Niza Sophia-Antipolis e do CNRS francés), líder da investigación. Os resultados de este traballo vanse a publicar na revista Astronomy and Astrophysics, pero o artigo adelantase en internet (Arxiv), como é habitual na física.
Este equipo internacional ha recurrido ao conxunto de grandes telescopios VLT que o ESO ten no cerro Paranal (Chile), con catro observatorios de 8,2 metros de diámetro cada un e outros tantos auxiliares de 1,8 metros precisamente para utilizalos en combinado mediante a técnica denominada interferometría. É un modo de observación habitual fai tempo en radioastronomía, pero moi difícil no caso de equipos de infrarroxo, como se fixo neste caso de HR5171A. Ao combinar a luz da estrela captada por varios telescopios, o conxunto actúa, a efectos de resolución, coma se se tratara dun único observatorio de espellos principal de 140 metros de diámetro.
Conxunto de telescopios VLT do Observatorio Europeo Austral (ESO), no Cerro Paranal (Chile). / ESO/H.H.HEYER

ENLACE: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/03/12/actualidad/1394640909_358438.html

Pablo González Vázquez               1ºC   BACHILLER

O HUBBLE CAPTA COMO UN METEORITO SE DESCOMPON

Por primeira vez fomos capaces de ver en directo a desintegración dunha rocha espacial. Foi grazas ao telescopio espacial Hubble que captou como o asteroide se achegaba ao Sol e se desintegraba en dez fragmentos.

Antes púidose observar como un cometa, formado de po e xeo, se desfacía a medida que se achegaba ao Sol. Pero ata agora ninguén lograra ver este comportamento nun membro do cinto de asteroides.



"Trátase dunha rocha sólida e ver como se esnaquiza xusto diante dos teus ollos resulta moi excitante".



O asteroide, chamado P/2013 R3, que xa se visualizara o 15 de setembro de 2013 e despois no observatorio Keck, en Hawaii, está formado de tres corpos que se moven xuntos. Os datos do Hubble mostraron que os fragmentos se afastaban lentamente os uns dos outros, a unha velocidade de case dous km. por hora. O asteroide empezou a esparexerse a finais do ano pasado, pero aínda se están a encontrar novas pezas.

Descartáronse varias causas polas que o asteroide podería terse desintegrado como por exemplo é pouco probable que se desintegrase coa colisión con outra rocha xa que tería feito que os fragmentos se movesen moito máis á présa do que o fan. E tampouco é probable que as pezas do asteroide se estivesen a separar a causa da presión exercida polo quentamento e vaporización do xeo interno.

A única explicación probable é que a acción dos raios solares, que causan que a taxa de rotación da rocha se vaia incrementando pouco a pouco. Desta forma, a forza centrífuga da súa propia rotación fai que se vaian separando.

Para que esta explicación sexa a correcta, é necesario que o asteroide teña unha estrutura interna moi débil, debido a colisións anteriores que non chegaron a destruílo. O que lle acontece agora a P/2013 R3 podería ser consecuencia dunha antiga colisión, sucedida mesmo hai mil millóns de anos. Isto alértanos da importancia que ten a presión dos raios solares na desintegración de asteroides de non máis dun quilómetro e medio de diámetro.

Calculouse que os restos de P/2013 R3 nun futuro constituirá unha rica fonte de meteoroides. Moitos rematarán caendo no Sol, pero unha pequena fracción destes, poderían chegar a cruzar algún día os nosos ceos en forma de meteoros

FONTES DE INFORMACIÓN: http://www.abc.es/ciencia/20140307/abci-hubble-capta-como-asteroide-201403070959.html


Valeria Pereira Cartelle 1ºBach A

"Resucitan" un virus xigante tras pasar máis de 30.000 anos conxelado en Siberia

O virus xigante bautizado como Phitovirus sibericum sobrevivíu máis de 30.000 anos conxelado na capa de xeo  da época da extinción dos Neandertais, e aínda así, todavía é infeccioso. Este antigo virus, que non resulta perigoso para as plantas nin para os animais pero sí para as amebas, elevou a tres o número de familias de virus xigantes coñecidas ata o momento. A pesar de non ser perigoso para os animais, os científicos aseguran que segundo se vaia derretindo o xeo, poderían desencadearse outros virus que sí nos afectasen.
Phitovirus é moi diferente dos virus xigantes coñecidos ata agora. Estos virus son facilmente visibles cun simple microscopio óptico, e o seu tamaño e xenoma é semellante ao de moitas bacterias. Phitovirus é o de maior tamaño que se ten atopado, con 1,5 micrometros de longo.

Jean Michel Claverie y Chantal Abergel, tiveron a idea de buscar un virus e desconxelalo cando souberon que se fixera o mesmo cunha antiga planta de frutas enterrada no permafrost siberiano.
Segundo afirman, Phitovirus baixo un microscopio ten a apariencia dun óvalo de parede grosa cunha abertura no extremo. Ademáis, ten un "corcho" cunha estrutura de niño de abella que tapa a abertura.Cópiase a sí mesmo mediante réplicas de "fábricas" no citoplasma do seu hóspede e faise cargo do núcleo.
Anínda que os virus xigantes adoitan dirixirse as amebas, unha bióloga francesa descubríu que o ano pasado un neno de 11 meses de idade fora afectado por outro virus xigante. O neno foi hospitalizado e o equipo descurbríu no seu sangue ADN restos do seu ADN.
A posibilidade de que resurxan virus que se teñen por erradicados, como o da varíola que se multiplica de maneira similar a dos Phitovirus, non é descartable.

Credes que o derretimento do xeo influído polo calentamento global nos traerá problemas deste tipo nun futuro cercano?


Fontes:

  • http://www.cadenaser.com/ciencia/articulo/resucitan-virus-congelado-hace-30000-anos/csrcsrpor/20140304csrcsrcie_1/Tes
  • http://www.abc.es/ciencia/20140304/abci-virus-gigante-sobrevive-tras-201403041017.html
  • http://www.europapress.es/ciencia/noticia-resucitan-virus-gigante-pasar-30000-anos-congelado-siberia-20140304113748.html

Ana Rodríguez Vilas 1º Bach A

O «engano» de porlle nome a un cráter de Marte

Hai moitas formas de tirar o diñeiro e con toda seguridade esta non é unha das máis caras, pero a súa inversión acabará perdida... nun buraco de Marte. A Unión Astronómica Internacional (IAU, polas súas siglas en inglés), a organización encargada de «bautizar» oficialmente aos planetas e outros obxectos celestes, denunciou públicamente a existencia dunha iniciativa para porlle nome a cráteres marcianos a cambio de 5 dólares (algo máis de 4 euros), que «vai en contra das normas internacionalmente recoñecidas».
A compañía Uwingo, que se anuncia como una fundación destinada á investigación científica, propón dende o pasado 26 de febreiro a cualqueira que teña unha conexión a internet que poña nome a un dos 500.000 cráteres marcianos que seguen sin recibir unha denominación, como parte dun proxecto cartográfico. Bautizar os cráteres máis pequenos costa algo máis de 4 euros, ainda que o precio sube a medida que aumenta o tamaño da formación xeolóxica. Os nomes, xa sexan propios, dun equipo deportivo, dun artista ou dun político, serán aceptados de inmediato e manteranse a non ser que sexan considerados ofensivos ou inadecuados. O diñeiro recaudado, que podría superar os 10 millóns de dólares, será destinado á financiación da exploración espacial e a proxectos educativos e de investigación, según Uwingo.
Sen embargo, para á IAU, esta é unha iniciativa que se aproveita do interés do público no espacio e a astronomía. A organización apunta que estes proxectos «van en contra do espíritu de acceso libre e igualitario ao espacio, así como contra as normas internacionalmente recoñecidas». Polo tanto, «os nomes comprados nunca se poden usar nos mapas oficiais». A IAU sí alenta á xente a participar no proceso de nombramento de obxectos espaciais cos métodos recoñecidos oficialmente, que sempre son gratuitos.

Invitación pública

Os astrónomos puxéronse de acordo sobre as normas comúns para nomear aos obxectos ou fenómenos espaciais, de maneira que poidan ser fácilmente localizados e descritos. Por exemplo, os accidentes xeográficos dun planeta ou satélite determinado reciben nomes escollidos dun tema en particular. Solo aos que se consideran de importancia para a ciencia dáselles un nome, deixando que outros sexan designados polas xeneracións futuras.
O público en xeral so pode por nome a un accidente xeográfico ou a un obxecto espacial a raíz dunha invitación pública dunha axencia espacial ou dos propios descubridores. Por exemplo, este foi o caso da misión Magallanes da NASA en Venus, iniciada en 1989, durante a cal invitouse aos ciudadáns a propor nomes de mulleres famosas para nomear distintos lugares. O mismo ocorreu co nomeamento dos dous satélites descubertos recentemente en Plutón, que foi o resultado dunha votación pública. Pero para os cráteres de Marte, hoxe por hoxe, «solo os seus descubridores, as axencias espaciais, poden tomar a iniciativa de involucrar ao público no proceso de nomeamento, en cooperación coa IAU e seguindo a normativa internacional».
Na actualidade, o Grupo de Traballo da IAU para Nomenclatura do Sistema Planetario (WGPSN), en representación da comunidade astronómica mundial, ofrece un sistema único dos nomes oficiais dos obxectos do Sistema Solar (accidentes xeográficos da superficie do planeta, satélites naturais, planetas ananos e os aneis planetarios). Os de Uwingo (significa «ceo» en swahili) xa saben que non teñen o beneplático da IAU e non buscan a súa aprobación, xa que consideran os seus nomes simplemente «populares». Serán os cidadáns queness decidan si merece a pena gastar o seu diñeiro en algo que quizais lles faga ilusión, pero que nunca sairá nun mapa da NASA.
El «engaño» de ponerle nombre a un cráter de Marte

















Fontes:  http://www.abc.es/ciencia/20140312/abci-engano-ponerle-nombre-crater-201403121258.html



                                                                       Martín González Fernández 1º bach A