
Uns excursionistas descubriron o corpo de Ötzi no Alpes, preto da fronteira entre Italia e Austria en 1991. Moi conservada, é a momia humana máis antiga do mundo e unha das máis estudadas pola ciencia.
Polos irmáns Alfonso e Adrie Kennis xa sabiamos algunhas cousas, como que tiña os ollos marróns e afundidos, e un rostro sucado de engurras que lle facía parecer ancian pero crese que tiña uns 45 anos. Tamén sabiamos que comía cabra e que pesaba 45 quilos e non supera o 1,60 de altura. Agora, a secuenciación do xenoma permitiu confirmar algunhas das súas características e coñecer outras novas.
Os investigadores descubriron que Ötzi tiña algúns problemas de saúde. Sufría das arterias e tiña caries nos dentes. Ademais, teñen atopado pistas sobre o paradoiro dos seus parentes vivos máis próximos que poden vivir en Córsega e Sardeña.
En 2008, os científicos deron a coñecer a secuencia completa de ADN tomada da mitocondria celular de Ötzi. Contiña mutacións que non se encontran nas poboacións actuais, o que deu lugar a que o pobo onde pertencera desaparecera de Europa.
Lucía Sánchez Corral nº 30 1ºD