martes, 31 de enero de 2012

A Fundación BBVA premia ó descubridor do mecanismo de destrucción das proteínas




O Premio Fundación BBVA Fronteras do Coñecemento na categoría de Biomedicina foi concedido a Alexander Varshavsky, do Instituto Tecnolóxico de California (EEUU), por descubrir "os mecanismos implicados na degradación de proteínas, así como a súa importancia fundamental nos sistemas biolóxicos", señala o acta do xurado.
Varshavsky, naceu en Moscú en 1946, descubríu cas proteínas chamadas ubiquitinas funcionan como etiquetas uníndose ás proteínas que deben ser destruidas, así como as súas señais de recoñecemento e da súa especificidade, según di a Fundación nun comunicado.



"Varshavsky demostrou cómo a ubiquitina (…) se une a outras proteínas e as marca para a súa destrucción", indica o acta. "Este sistema é esencial nas funcións celulares habituais, dende o control da transcripción xenética, á síntesis de proteínas e a reparación do ADN; á división celular e á resposta ao estrés".
Según o xurado, as investigaciones de Varshavsky descubriron todo un novo campo na biomedicina, xa que agora sábese que hai unha ampla variedade de enfermedades na que este mecanismo de degradación das proteínas é defectuoso.
O traballo de Varshavsky ten implicacións na comprensión do cáncer e das enfermedades do sistema inmune e neurodexenerativas, "incluíndo a enfermidade do Parkinson", cita o acta. "É probable que os fármacos que actúan sobre o sistema de degradación de proteínas (regulado por as ubiquitinas) teñan unha repercusión ampla na medicina".
Os Premios Fundación BBVA Fronteras do Coñecemento recoñecen o papel da ciencia e a creación cultural como impulsores do progreso e benestar da sociedade. A súas oito categorías abarcan as principais áreas e retos científicos, tecnolóxicos e socioeconómicos do noso tempo.







Fontes :








Lorena Rodríguez Castro Nº24, 1º BACH. D.