jueves, 28 de febrero de 2013



Así que era unha mosca…revoltosa

Gracias a uns novos fósiles atopados nuns ricos xacementos de China, coñecemos por fin a identidade do que se cría era un parasito de certos dinosaurios con plumas. A súa anatomía presenta unhas patas en forma de pinza que se pensou que lle servían para agarrarse aos seus hóspedes pero estes novos fósiles acaban de tumbar esta teoría.  Parece ser que se trata dunha mosca acuática á que pertencerían  as moscas actuais. Nos fósiles atopados podemos ver unhas ás grandes e membranosas ademais dun dimorfismo sexual bastante rechamante. Os investigadores deducen de todo isto que debían ser insectos con ás moi especializados que as perdían  despois de saír das larvas e que a continuación se introducían na auga para aparearse. Tampouco nos ten que resultar tan raro pois os insectos eran xa na época dos dinosaurios os animais máis abundantes. Os investigadores cren que a pinza que presentan non serve pois para agarrarse senón que é unha especie de ferramenta para coller á femia no apareamento porque só a teñen os machos.
Resulta incrible que un insecto de 165 millóns de anos siga a depararnos sorpresas e para máis inri que sexa unha mosca .  

 








Brais Casas Fernández



A CPEB1, proteína causante de tumores.


Rafael Méndez, investigador do Instituto de Investigación en Biomedicina de Barcelona, traballa nun proxecto que podería frear o desenvolvemento do proceso de duplicación das células causantes de tumores.
A rasgos xerais, o problema ven dende o ARN. O ARN sae do núcleo da célula transportando a información sobre as proteínas, pero en verdade, moitas destas copias non son necesarias, por exemplo, do conxunto de proteínas que interveñen na división ou na proliferación celular, e polo tanto circulan sen ser utilizadas, pro.texidas, dalguna maneira, cun “código”. É aquí cando toma protagonismo unha proteína chamada CPEB1, que se encarga de romper este “código” e descontrolar o proceso de replicación celular, provocando o tumor.

Rafael Méndez así o explica: "Las proteínas CPEB son necesarias durante el desarrollo y también en el proceso de regeneración de los tejidos por medio de las células madre, pero si el sistema que gobiernan está siendo continuamente activado, las células se dividen cuando no hace falta y aparece el tumor”,
O investigador conta que as CPEB divídense en 4 grupos (1,2,3,4) e propón como solución a desactivación do primeiro grupo, de maneira que no se vexa afectada a actividade das demais, freando así o proceso dañino. Polo momento non existe un fármaco capaz de actuar na expresión dun xen, pero o IRB xa abriu unha búsqueda de moléculas que remedien este problema.




miércoles, 27 de febrero de 2013

REGRESO A XÚPITER



Europa prepara unha misión de exploración das lúas xeadas  de Xúpiter, a NASA tamén participa nesta misión, a nave chamase “Juice” e partirá sobre o ano 2022.
Europa, Ganímedes e Calixto son lúas de Xúpiter, tres das catro descubertas por Galileo en 1610, aínda que na actualidade xa se descubriron 50 lúas. Parece ser que as tres lúas teñen océanos de auga baixo una capa xeada superficial. A nave levará instrumentos científicos para medir o grosor da capa de xeo que se atopa nas lúas, explorar os océanos e trazar mapas da superficie.
A preparación da misión “Juice” non é algo doado se non que é algo moi difícil, tardase varios anos dende que se plantea a misión ata que se leva a cabo. Tamén hai que ter en conta o feito de que Xúpiter está moi lexos. Calculase que a nave tardará oito anos en chegar ao sistema de Xúpiter, de modo que aínda que o seu lanzamento sexa en 2022, ata o 2030 no estará en órbita. Alí funcionará aproximadamente tres anos e medio.



A misión ten una perspectiva máis lexana. Álvaro Giménez director de Ciencia e Exploración Robótica de la ESA, explicou que os planetas extrasolares que se descubriron nos últimos anos son, fundamentalmente xigantes gasosos parecidos a Xúpiter.


Mentras se prepara “Juice” chegará a Xúpiter outra nave que xa está en camino, “Juno”, da NASA que partiu en 2009 e chegará a orbita de Xúpiter en 2016 e alí estudiará a atmosfera de Xúpiter.
Ganímedes é o maior satélite que se conoce, componse de tres cuartas partes do tamaño de Marte. Calixto é casi do tamaño de Mercurio e por último Europa é un pouco máis pequeño que a Lúa.
Espero que tanto “Juno” como “Juice” cheguen en condicións á órbita de Xúpiter para que poidan aportarnos máis información.

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/02/26/actualidad/1361903950_938896.html

Héctor Vázquez Yáñez 1ºD

lunes, 25 de febrero de 2013

Yeti: posible cruzamento entre un homínido e unha Homo sapiens

No ano 1951 unha expedición ó Everest regresou con fotografías de pegadas enormes na neve, das cuais dixérase que pertencían a unhas criaturas xigantes do Himalaya descoñecidas pola ciencia. A partir deste momento moitas persoas aseguraron ver a este estrano ser no Himalaya, en EE.UU, nas montanas do Cáucaso e en Sumatra.

A raíz destas especulacións, algúns investigadores como Melba Ketchum e Bryan Sykes decidiron utilizar os avances da ciencia para comprobar a existencia do ser ao cal se lle chama Yeti (Bigfoot en EE.UU), xa que anteriormente houbera numerosos informes enganosos e excéntricos sobre esta criatura.

Estes dous investigadores, ao igual que un equipo da Universidade de Oxford e da Universidade de Lausana    , basaron os seus estudos na análise xenética de restos orgánicos que poderían pertencer ao Yeti, estes restos foron atopados en lugares nos que algúns excursionistas aseguraban telo visto.

Agora a investigadora Ketchum di ter probas científicas da existencia do Yeti. Según as súas conclusións a criatura é un cruzamento producido hai 15.000 anos entre homínido e Homo sapiens. O seu traballo foi publicado na revista estadounidense "DeNovo" que segundo os medios de comunicación do país , dita revista foi comprada por Ketchum para sacar á luz a súa investigación. A publicación asegura que os datos da investigadora baséanse en mostras de ADN, as cuais pertencen a especies estreitamentes relacionadas cos seres humanos.


Adriana Canto Calviño. 1º BACH: A

Fontes:
http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/1194635/sociedad+ciencia/el-yeti-un-cruce-entre-un-hominido-y-una-homo#.USu0Uh1g_To

domingo, 24 de febrero de 2013

As focas poden durmir coa metade do seu cerebro


Ao parecer segundo un estudo publicado no 'Journal of Neuroscience' polos investigadores da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) e da Universidade de Toronto, as focas saben durmir na auga poñendo en modo «sono» a metade esquerda do seu cerebro mentres que a parte dereita segue en vixilancia.

Este estudo consistiu en identificar as substancias químicas que permiten manter unha parte do cerebro en vixilancia e a outra parte durmindo. A principal autora do estudo, a doutora Jennifer Lapierre, descubriuno medindo os cambios que afectaban as diferentes substancias químicas no cerebro. A investigadora constatou que o nivel dun neurotransmisor importante, estaba baixo a parte durmida e elevado na parte esperta, o que fai pensar que esta substancia estimula a actividade desta última.

Ao mesmo tempo, os investigadores observaron con sorpresa que outra substancia importante, a serotonina, mantiña a mesma tasa tanto cando a foca estaba durmida como cando estaba esperta, mentres que os biólogos pensaban que ésta era a responsable da estimulación do cerebro.

Un dos autores da investigación, o profesor John Peever asegura que “É impresionante desde o punto de vista biolóxico. As focas durmen desta maneira cando están na auga, pero o curioso é que cando están en terra, durmen coma os humáns e a nosa investigación pode explicar ese fenómeno”.


Estes descubrimentos, a certa xente pódelles parecer pouco importantes pero se nos paramos a pensar, poden ter unha certa importancia para os humáns, xa que permiten avanzar a investigación sobre os mecanismos do sono. Un 40% dos estadounidenses sofren problemas de sono, segundo revela outro dos autores do estudo, Jerome Siegel, do Instituto de Investigacións sobre o Cerebro da UCLA.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D

Primer mapamundi da profundidade das augas subterráneas


Un equipo internacional de científicos publica o primeiro mapa da profundidade das augas subterráneas do mundo. Entre os investigadores atópase un galego: Gonzalo Míguez Macho, da Universidade de Santiago; que é o que codirixe a investigación. O seu traballo publicarase na revista Science.


Segundo os seus estudos, os cales levaron varios anos recollendo información sobre acuíferos, pozos e augas subterráneas de todos los países del mundo da literatura científica e de arquivos gobernamentais, estas augas xogan un papel importante en canto ó clima e ós ecosistemas terrestres. Míguez explica que “Ten unha influencia directa no ciclo do carbono e da auga, o que inflúe no clima”. Ademais o traballo desvela que entre o 21 e o 32% da capa freática (nivel superior dos acuíferos) é pouco profunda, o que afecta ós ecosistemas. Esta auga é a que nutre a ríos, árbores e demais vexetación, o que permite a transpiración e fotosíntese das plantas. A acumulación de auga nas capas freáticas crea humidais, que emiten grandes cantidades de metano (gas do efecto invernadoiro).


Míguez advirte que a auga utilizada para regadío non ten control. Unha sobrexplotación destas augas para regadío prexudica ós ecosistemas, xa que reduce o caudal dos ríos e empobrece a vexetación.


Vídeo sobre as augas subterráneas:

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

¿Por qué o bocexo nos é algo contaxioso? 


 A orixe e función dos bocexos son aínda motivo de controversia entre os científicos. Os ditos populares afiman: se bocexas quere decir que tes fame, sono ou estas aburrido. Pero científicamente so se pode demostrar a súa naturaza contaxiosa en humanos, algúns primates e posiblemente en cans. Pero, ¿Por qué se contaxian os bocexos?
  
Os bocexos contagiados son aqueles que se inicia de forma involuntaria e inmediata ou ver ou ouvir a alguén bocexar. É un feito, contaxiáronnos o bocexo . A desposta máis lóxica tra-lo contaxio involuntario, seria porque ten algunha función bastante relevante, evolutivamente ou filoxenéticamente (relacións de parentesco) que nos favorece de maneira significativa, para que outros membros da nosa especie a copien a modo de resposta adaptativa. 


Algúns investigadores ven no feito de que os bocexos (un resposta multifiuncional en moitas especies) sean capaces de contrarrestar aumentos transistorios da temperatura cerebral e coporal, unha razón para preservalos evolutivamente entre os homeotermos e condicionar a súa natureza contaxiosa. A explicación máis conciliadora sobre a orixe dos bocexos baséase na hipótese que considera que o bocexo ten unha fución social e comunicativa, donde os valores sociais responden a necesidades fisiolóxias. 

O 60% dos humanos non poden evitar bocexar cando observan a os seus conxéneres, e os bocexos son máis contaxios entre persoas con vínculos familiares. Esta irrefrenable acción interpretase científicamente cono unha expresión primitiva de pensamento social, a chamada empatía: que busca a identificación mental e afectiva de un suxeito co etado de ánimo de outro. e moi aferrada a evolución dos homínidos, esto xenera o contaxio de bocexos. Esto explicaría que so os humanos e os chimpancés se nos desenrrole o bocexo contaxioso. 

FONTES DE INFORMACIÓN :

http://es.wikipedia.org/wiki/Bostezo 
http://www.abc.es/ciencia/20130224/abci-contagian-bostezos-201302221803.html 
http://www.nationalgeographic.es/noticias/ciencia/salud-y-cuerpo-humano/bostezos-por-empatia 
http://www.atiende.tv/noticia/506/por-que-el-bostezo-se-contagia/ 

Yolanda Campos Garrido 1ºA

Rex, o home biónico máis completo do mundo


O Museo de Ciencias de Londres expón ata finais de marzo a Rex, o primeiro home biónico. Este foi deseñado e creado por un grupo de expertos en robótica, Shadow. Entre o seu equipo atópase o psicólogo suízo Bertolt Meyer, que naceu sen a man esquerda. O robot foi bautizado tamén como “o home do millón de dólares”, xa que está valorado en tal cifra (uns 600.000 mil euros).

O robot ten dous metros de altura, cara, brazos, mans, corazón, sangue,xeonllos e un ril. Órganos internos coma o páncreas, os pulmóns ou a vexiga que aínda están en desenrolo. Hai partes de corpo coma o estómago que non poden ser construídas: “O único estómago artificial que vimos é moi grande y xera electricidade, polo que non podía usalo para reemplazar un estómago humano, pero estou seguro de que hai xente na comunidade da medicina rexenerativa que está traballando niso”.

Rich Walker, director executivo de Shadow comentou que “Estábamos moi sorprendidos da cantidade de órganos humanos que se podían reemplazar. Hai algúns órganos vitais que faltan […] pero entre o 60 e 70% dun foi posible reconstruílo”.

Este home biónico  é unha mostra do avance da medicina e da tecnoloxía en órganos artificiais.



Engado unha entrevista, en inglés, que o periódico británico The Independient fixo a Rich Walker: Entrevista a Rich Walker .


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

sábado, 23 de febrero de 2013

Un océano de magma en Mercurio


A misión do Messenger ,unha sonda enviada no ano 2004 pola NASA por un cohete delta II cun peso de 485 quilogramos. Logrou colocarse nunha órbita de 15000 km  arredor de Mercurio o 18 de Marzo de 2011 .


 Gracias a esta sonda os científicos do Instituto Tecnolóxico de  Massachusetts (MIT) lograron ver indicios de que Mercurio poido ter un xigantesco océano de magma pouco despois da súa formación fai uns 4.5oo millóns de anos .
 A sonda recolleu datos que permitiron identificar dous tipos distintos de rochas na superficie, que serían formadas por distintos procesos xeolóxicos .Para poder solucionar esta cuestión os investigadores recrearon dous tipos de rochas no laboratorio e as someteron a distintos tipos de temperaturas e presións . 
 O resultado destas investigacións fixo pensar ós científicos que o único proceso que podería dar lugar a este fenómeno sería un gran océano de magma que deu lugar a duas capas diferentes de cristais ,solidificados, que logo de fundirse en magma entrou en erupción.
 O profesor Timothy Grove explicou que este océano podería terse formado fai 4.500 millóns de anos xa que a corteza de este planeta ten 4.ooo millóns.


Fontes :http://www.abc.es/ciencia/20130223/abci-oceano-magma-mercurio-201302221722.html
             http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/02/130216_ultnot_mercurio_planeta_origen_dc.shtmlhttp://www.rpp.com.pe/2012-03-22-sonda-messenger-brinda-un-panorama-inesperado-de-mercurio-noticia_463863.html
Lucía Barreiros González 1ºA 
O planeta extrasolar máis pequeno.

O Kepler, telescopio espacial enviado pola NASA no ano 2009 co obxectivo de buscar planetas do tamaño da Terra fora do noso Sistema, atopou o planeta extrasolar máis pequeno coñecido ,cun tamaño pouco mais grande ca Lúa.




 O planeta chamado Kepler-37b  atópase a 210 anos luz da Terra ,na constelación de Lyra . No Sistema Kepler-37 que ten dous planetas mais (Kepler-37c e Kepler-37d). Este sistema planetario é diferente o Sistema Solar aínda que ten unha estrela similar o Sol.

 A temperatura de Kepler-37 será arredor de 400ºC xa que imaxínase que o planeta está mais cerca da estrela que Mercurio do Sol. Podería ser un planeta rochoso e sen atmosfera polo que non habería vida tal e como nos a coñecemos. Aínda que este planeta está na "zona habitable" do cosmos, é dicir, parte na se cre que podería haber auga líquida.A translación do planeta dura 13 días.




 Os científicos recordan que a medida que a tecnoloxía avanza comézase  a descubrir planetas cada vez mais pequenos.




Fontes :
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/20/ciencia/1361385170.html
http://www.lavanguardia.com/ciencia/20130221/54365602765/kepler-37b-planeta-mas-pequeno.html
http://danielmarin.blogspot.com.es/2013/02/kepler-37b-un-planeta-mas-pequeno-que.html

                                                                                        
       Lucia Barreiros González 1ºA




Novas probas sobre a orixe da vida


   Cada vez, conseguimos máis probas de que a teoría da orixe da vida en fontes hidrotermais é correcta. Esta teoría foi proposta por William Martin e Michael Russel no ano 2002 e dicía que a orixe da vida, orixinouse nos fondos mariños grazas a seres como as bacterias quimiosintetizadoras (é dicir, que extraen a súa enerxía dos compostos químicos)
   Neste caso, no Caribe, nas illas Caimán, a 6.500 metros por debaixo do nivel do mar, atopáronse volcáns submarinos que poden alcanzar temperaturas de ata 400ºC e a súa presión, é de 500 atmosferas. Grazas ao robot ISIS, creado pola Universidade Southampton e o Centro de Oceanografía Nacional, descubríronse novas especies coma larvas ou langostinos cegos que desenrrolaron un órgano que lles permite detectar as fontes de calor. A maioría dos seres que habitan aí, aliméntanse dos químicos que as fumarolas emiten e que son depositados no fondo do mar pola mestura de auga de mar e auga magmática. Outros organismos, sen embargo, sobreviven grazas aos desperdicios que o mar deposita nas profundidades, como as medusas levadas pola corrente, os osos da baleas, etc.
   As fontes hidrotermais son difíciles de gravar debido as altas temperaturas, pero o director James Cameron, firmou profundidades mariñas para a súa película "The Abiss". Agora, filmou a fosa das Caimán en 3D e desta aventura, rodouse "James Cameron: Viaxe ao fondo da Terra".

FONTES DE INFORMACION:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/22/ciencia/1361534411.html

viernes, 22 de febrero de 2013

Unha colosal mancha solar


O Observatorio de Dinámica Solar (SDO), que se puxo en marcha no 2010 para vixiar ó Sol e outros fenómenos espaciais, captou unha enorme mancha solar con dimensións tan grandes como para acoller seis veces a Terra, que segundo a NASA podería desencadear erupcións solares nos vindeiros días. Os científicos bautizárona co nome de AR 1678.
Nas últimas datas, 19 e 20 de febreiro, o conxunto de manchas escuras sobre a superficie do Sol foron crecendo con gran rapidez, pero non é posible concretar o seu tamaño exacto por  tratarse dun corpo esférico e non plano.
A orixe destas manchas son os cambios producidos nos campos magnéticos na superficie solar. Nesta zona detectáronse intensos campos magnéticos actuando en direccións opostas, o que probablemente leve a erupcións ou chamaradas solares. Segundo as investigacións da NASA, o Sol atópase nunha fase moi activa, esperando o seu punto álxido durante a primavera deste ano 2013.


FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/21/ciencia/1361469604.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-video-lluvia-fuego-solar-201302211125.html

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A