viernes, 22 de octubre de 2010

O lado escuro de Newton

A nosa profesora de CMC fixo unha cuestión moi interesante na clase, sabedes por que Newton foi considerado mala persoa?

Ninguén o sabía na clase, a min picoume a curiosidade: Que fixo? Que dixo? Que pensaba? Entón púxenme a indagar, espero que esta sexa a resposta ou parte dela, e rógovos lectores que se estoy confundida mo digades e ingadide a información que vos creades que tamén é interesante.

Cando Newton tiña 3 anos a súa nai viuda mudouse xunto un novo esposo , deixando o pequeno Isaac ó coidado da súa avoa materna. Isto tivo unha gran repercusión no carácter de Newton, tanto que chegou a desexar incendiar a casa coa nai e o padrastro dentro.
Que ? Sorprendente ? Pois aínda hai máis , seguide lendo:
non foi unha boa persoa.ISAAC NEWTON (1642-1727) é considerado un dos máis grandes científicos da historia, pero segundo os seus biógrafos tiña un caracter arisco, pedante, proclive á polémica e con moitas dificultades para relacionarse cos demais; características que, co transcurso do tempo, faríanse cada vez máis evidentes ata converterse no aspecto máis destacado da súa historia persoal. A anormalidad do seu carácter demóstrase no seu temor aos plaxios completamente impropio dun xenio, polo que redactou os seus traballos dun modo moi difícil, para que os seus adversarios non puidesen entendelos. Segundo o historiador estadounidense Richard S. Westfall (1924-1996) na súa biografía "The life of Isaac Newton" (A vida de Isaac Newton, 1993), Newton foi o exemplo perfecto do profesor abstraído. Frecuentemente traballaba ata as primeiras horas da mañá, esquecíase de comer e adoitaba aparecer no comedor do colexio con "os seus zapatos sucios, as súas medias engurradas e o seu pelo mal peiteado".
Como persoa, Newton non era moi agradable e a miúdo viuse envolvido en polémicas cos seus colegas, como por exemplo co físico Robert Hooke (1635-1703, co matemático alemán Gottfried Leibniz (1646-1716) e co holandés Christiaan Huygens (1629-1695). O astrónomo inglés John Flamsteed (1646-1719) describiuno como "insidioso, ambicioso, excesivamente ávido de encomios, amigo da contradición..., un bo home no fondo pero, por natureza, suspicaz".
Espero que haxa resolto as vosas dúbidas e que comentedes o que vos pensades. Un saúdo
Feito por : María Isabel Limia Pérez 1º Bacharelato B
Máis información en :

É posible vivir máis de mil anos?

Según Aubrey de Grey, non cabe dúbida. O chamado "profeta da inmortalidade" afirma que o envellecemento é unha enfermidade máis que acaba causando a morte, e pode erradicarse conseguindo algún día aumentar a esperanza de vida, cunha maior inversión no desenvolvemento de técnicas biomédicas.
Na vida futura imaxinada por De Grey non se alargan todas as idades dunha maneira proporcional. Seguirá habendo bebés, nenos e xóvenes, pero cando se alcance a madurez xa non se envellecerá máis. "Poderemos permanecer no estado físico dos 25 o 30 anos tanto tempo como vivamos", asegura. Para manterse a punto, os homes pasarán cada 5 o 10 anos una especie de ITV que lles substituirá (empregando a ciruxía ou outros métodos) tecidos ou órganos envellecidos.
E que sucedería se todas as persoas, ou a maioría, puideran alcanzar os 1000 anos de idade? Habería espazo para todos no planeta? Para De Grey tamén é unha preocupación razonable.
Opinades que o ser humano ten que ser considerado unha máquina á que se lle puideran "cambiar as pezas" para renovalo, alterando a orde da natureza? A ética xogaría un importante papel nestas investigacións.
Para máis información, déixovos unha noticia de hoxe no diario "Público".

Tamara Fernández Menor, 1ºC Bach.


Gran colisor de Hadróns (LHC)

Recoméndovos que vexades o traballo realizado no curso 2009-2010 por Diana Babarro Rodríguez, na materia Ciencias para o Mundo Contemporáneo.







Editado por Carmen Cid Manzano