domingo, 2 de enero de 2011

O telescopio SOHO detecta a cífra record de 2.000 cometas.

O telescopio espacial SOHO, operado de forma conxunta pola Axencia Espacial Estadounidense (NASA) e a Axencia Espacial Europea (ESA), alcanzou a súa propia marca ao identificar 2.000 cometas.

SOHO converteuse así no maior buscador destes corpos celestes de todos os tempos, aínda que a súa misión orixinal era outra. O Observatorio Solar e Heliosférico naceu coa misión especial de observar o comportamento do astro máis importante para a Terra, o Sol.

O mérito non só é do telescopio, xa que no seu labor exhaustivo de identificación de cometas tamén colaboran máis de 70 astrónomos afeccionados de 18 países que buscan entre as imaxes que envía o satélite e que son de acceso libre para todo o mundo.



Feito por:
Yure Seara Núñez 1ºB

2011, ano dedicado á Química, modificarase a táboa periódica

A IUPAC publicará a súa nova táboa periódica para celebrar o Ano Internacional da Química, designado para 2011 pola ONU. A nova táboa expresará a frecuencia de cada isótopo na natureza. Desde que o ruso Dmitri Mendeléyev crease este catálogo en 1869, dez elementos crave van cambiar a súa masa atómica (ver imaxe). Os dez cambios poden ser o principio dunha longa lista, así unha comisión da IUPAC xa traballa na próxima quenda de elementos que cambiarán as súas masas fixas por intervalos. Son helio, níquel, cobre, cinc, selenio, estroncio, argón e chumbo.
Os novos intervalos da IUPAC engaden unha relatividad á química que sempre existira na natureza, pero non na táboa periódica. Agora, á pregunta cal é a masa dos átomos de hidróxeno que hai nun litro de auga, os estudantes poderán responder "depende". O hidróxeno, por exemplo, ten un rango de entre 1,00784 e 1,00811. O valor único da masa atómica que aparecía na casilla de cada elemento da táboa periódica daba a impresión de que é un valor universal, e non é así. Algúns elementos teñen variantes chamadas isótopos e que teñen máis ou menos neutrones no seu núcleo. Así por exemplo o carbono 12 chámase así porque leva seis neutrones e tantos outros protones, mentres que o carbono 14 leva oito neutrones.
Editado por Carmen Cid Manzano

Un home movido por impulsos eléctricos

Parece dunha novela de ciencia-ficción transferir impulsos eléctricos desde un corpo humano a outro? Pois un grupo de xóvenes estudantes, logrouno.
Aínda que as conclusións son algo errantes, o equipo conseguiu tomar lectura dunha electromiografía e transferir estas sinais eléctricas a outro corpo. Sinxelamente enviaron os movementos propios do brazo dun individuo a un segundo individuo: o primeiro move o brazo e o segundo faino de maneira máis ou menos automática.
Desde un par de meses atrás, Alex Dodge, Stepan Boltain e Johnny Lu traballan investigando a tecnoloxía empregada na electromiografia (cas siglas EMG), que é un sistema apto para recoñocer a actividade eléctrica producida polos músculos e que precisan para aclarar esta tese. A pregunta é: De qué se trata? Poder transformar esas sinais eléctricas e transmitilas a outro corpo, conectados entre sí. Os resultados polo momento a pesar de ser poucos son positivos, aínda que agora céntranse en mudar a función de lectura da EMG para facela escrita.

Para máis información clicka aquí

Texto editado por Andrea Fernández Novoa 1ºB

O can mais listo do mundo

Este can chámase Chase, é unha hembra da raza "border collie" que pode recoñecer nin mais nin menos que 1.022 vocábulos.
Tamén é capaz de ordenar os obxectos según a súa función e forma, algo que os humanos aprendemos a facer os tres anos. É o resultado de tres anos de traballo dos psicólogos Alliston Reid e John Pilley, do "Wofford College" de Spartanburg, no sur de California.
O seu plan de traballo consistía en presentarlle os obxectos de forma individual e repetirlle o nome dos obxectos para que reforzara a idea de concepto e realidade. Chaser completou uns 838 test durante tres anos e nunca fallou máis de dous fallos por cada vinte peticións.
O que pon en evidencia este estudio é que os cans teñen habilidades para a compresión, pero no para comunicarse por si mesmos.







Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1ºC