miércoles, 26 de enero de 2011

Outro descubrimento en Atapuerca

Outro novo achado máis súmase a lista de descubrimentos en Atapuerca. Esta vez trátase dun roedor, de 1,2 m.a. exactamente a rata de auga máis antiga da historia, a Arvícola jacobeo, con 1.2 millóns de anos. Mide entre 18 e 22 centímetros entre a cabeza e o resto do corpo, unha cola entre 10 e 14 centímetros, e un peso entre 155 e 300 gramos, medidas moi parecidas á do animal actual.




Gracias a este descubrimento xa se extraeron conclusións como que os primeiros roedores puideron andar polos terreos de Atapuerca e que vivíu na Sima do Elefante( en Atapuerca).

Esta rata de auga diferénciase doutra da mesma cronoloxía, Mimomys savini, en que a actualmente encontrada ten os dentes máis pequenos e co esmalte máis groso.

Un dos investigadores, Jordi Agustí, aclarou que a Arvícola jacobeo ten que ver ca orixe da rata de auga ibérica Arvícola sapidus e pode axudar a reconstruir o súa árbore filoxenética.





Para máis información
Editado por Lidia Blanco Otero 1ºBac. A

Tierra - La película de nuestro planeta.

Aquí vos deixo unha película que me parece moi interesante. Vai sobre a diversidade do noso planeta. . Espero que vos guste.



Coral Real Llamas
1º Bacharelato B

Celebramos a entrada 10000

Rapaces xa chegamos a 10000. Empezamos a nosa andaina o 9 de outubro e seguimos crecendo. Creo que podemos estar contentos co resultado. Espero que sigades animados a colaborar, tanto os blogueros, como os seguidores. O éxito do noso edublog é o resultado da participación de todos. Para celebralo déixovos un pouco de humor sobre o últimos tema traballado en CMC.













Editado por Carmen Cid Manzano

A ciencia tamén se precipita, comete erros e recibe duras críticas.

  • Astrónomos das Universidades de California e do Instituto de Washington anunciaron en septembro do ano pasado o descubrimento dun planeta extrasolar Gliese 581g, que era o máis parecido a Terra ata o momento. O novo mundo, segundo os científicos era "potencialmente habitable”. A noticia percorreu o mundo. Sen embargo, despois de quince días, un equipo con sede en Suíza, cuestionou as súas conclusións xa que non encontraban ningún rastro do exoplaneta en ningunha das súas observación.
  • Unha decepción semellante ocorreu dous meses despois, no campo da bioloxía, cando a NASA deu a coñecer a existencia de bacterias capaces de manter o seu crecemento en arsénico.

Foron prematuras estas investigacións?

No caso do planeta Gliese, un membro do grupo de Carnegie recoñeceu despois que se necesitaban máis estudos para consolidar as probas da súa existencia. En canto á bacteria, a súa descubridora, Felisa Wolfe-Simon, reafirmouse na validez do seu traballo e foi posto a disposición de outros científicos, pero o varapalo foi moi grande e o dano, difícil de subsanar.

Por que motivo os científicos adiántanse á hora de facer públicos os seus resultados?
  • O rápido avance nalgunos campos do coñecemento fan que en determinadas ocasións, teñan excesiva presa por facer públicos os seus resultados, impulsados polo temor a que outros poidan apropiarse das súas ideas.
  • Tamén está en xogo outro factor, a publicación nunha revista científica de prestixio, como «Science», «Nature» ou «The Lancet», implica gañar puntos no curriculum o que trae consigo certa presión por publicar. Este é motivo polo que o CSIC comezou a primar a calidade dos traballos e non a cantidade.
Hai que resaltar, con todo, que os traballos fraudulentos que se publican son os menos. Así por exemplo en España o CSIC publican uns 10.000 textos ao ano en revistas científicas de primeiro nivel. Moi poucas veces son postos en dúbida. Un dos últimos casos polémicos ocorreu fai uns meses, cando «Science» pediu aos autores dun artigo, dirixido por un español, que o retirase logo de atopar que faltaban datos experimentais para apoiar as súas conclusións. A presidencia do CSIC abriu dilixencias para investigar o caso, aínda que están convencidos de que non houbo fraude, senón o resultados dunha comunicación apresurada.
Cal é o método que estas revistas máis coñecidas seguen para non publicar calquera resultado erróneo?

Tanto o artículo da bacteria da NASA como o outro, pasara todos os filtros da edición de «Science», o que invita a pensar se pode existir algún erro na selección de traballos por parte das revistas especializadas.
Jordi Bascompte, un dos dous únicos españois no comité editorial da famosa revista, asegura que o método que se emplea é a mellor posible, xa que se basea na revisión por pares. O procedemento é o seguinte: Chegan a «Science» diversos artículos que son filtrados polos membros do comité editorial, formado por 150 científicos de todo o mundo e de todas as áreas. Cada un recibe arredor de tres manuscritos. Fan un primeiro filtrado e avalían se o traballo é veraz e novidoso. Purgan o 75% dos artículos. O resto continúa o seu camiño e cada un deles envíase a tres ou catro expertos externos, revisores que o desmenuzan en busca de fallos. Segundo o resultado, o editor toma a decisión de publicalo ou non. Menos do 1% son retirados posteriormente da revista por conter erros ou ser unha falacia.

Fraudes aceptados e xenios ninguneados
  • Un dos maiores fraudes da historia da Ciencia, e tamén un dos máis recentes, foi o cometido polo investigador Hwang Woo-suk, condenado a dous anos de cárcere en 2009 por anunciar que conseguira clonar por primeira vez embrións humanos. Un engano absoluto.
  • Polo contrario, algunhas investigacións foron rexeitadas no seu día ao ser consideradas falsas. Por exemplo o inventor do láser ou o investigador alemán Ernst Chladni que foi desacreditado por propoñer que caían meteoritos do espazo. Para ver outros casos click aquí.
Fonte: http://www.abc.es/20110122/ciencia/abcp-colega-esto-imposible-20110122.html


Feito por Iván Gallego Gómez 1º Bacharelato A