miércoles, 27 de octubre de 2010

Ler o pensamento. Relidade ou ficción?


Simulación da experiencia
Aínda que ler a mente segue sendo unha utopía, é posible que, nun futuro, póidase conseguir e, con iso, permitir a comunicación de pacientes con graves lesións neurológicas.

Un dispositivo desenvolvido por investigadores do Instituto Tecnolóxico de California foi capaz de rexistrar a resposta das neuronas do lóbulo temporal medio a distintos estímulos visuais.

Desta forma, os investigadores que publican o seu achado na edición de hoxe de Nature son capaces de adiviñar en que están pensando dentro das opcións ofrecidas no experimento.

Para levar a cabo o seu estudo, os científicos, dirixidos por Moran Cerf, aproveitaron os electrodos implantados no cerebro de varios pacientes para tratar as súas convulsións cerebrais e mediron a súa resposta ante determinados conceptos, que incluían desde personalidades como Madonna a lugares como a torre Eiffel.


Editado por Brais Gómez García 1ºA

Estamos na sexta extinción masiva do planeta.

A especie Rhynchocyon udzungwensis é unha das que están en mayor perigo de extinición, só se encontran en dúas zonas, que abarcan uns 300 kilómetros, dos bosques de Tanzania


Dise que estamos na sexta extinción xa que existen milleiras de especies en perigo de extinción, desgraciadamente algúns científicos cren que a este ritmo á metade de século desaparecerán o 30% das especies. Os estudos dos mamíferos, aves, anfibios, réptiles e peixes realizado en Xapón no Cumio da Biodiversidade determinaron que a quinta parte dos vertebrados están en perigo de extincion.
Cincuenta especies de vertebrados avanzan cara a súa extinción cada ano, estos datos estabécense na Lista Vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN).
Na Lista Vermella están o 25% dos mamíferos, o 13% das aves, o 22% dos reptiles, o 41% dos anfibios, o 33% dos cartilaxinosos e o 15% de los peixes óseos.
A parte positiva de todo esto é que a perda de biodiversidade diminúe nun 20%, grazas as medidas tomadas. Ademais tamén fixáronse nas 64 especies que puideron mellorar grazas ás medidas de conversación entre elas o cóndor de California, o cabalo mongol e unha especie de hurón.
Caballo mongol.
Cóndor de California




Para máis información: Entre aquí

Andrea Gerpe Acosta. 1º Bacharelato A

LHC: As primeiras colisións.

A finais de Marzo deste ano, rexistraronse no gran detector Atlas as primeiras colisións de protóns cunha enerxia de 7 TeV (Teraelectronvoltios), potencia que nunca se alcanzou nun acelerador. Atlas foi o primeiro detector en rexistrar as colisións seguido de CMS, LHCb e Alice. "Detectamos trazos perfectos das colisións, o detector funciona perfectamente" dixo Fabiola Gianotti, lider de Atlas. Fixeron falta varios intentos para lograr unha colisión que fixera posible o seu estudo. Este video axuda a entender mellor como se consegue acelerar os protóns por separado e conseguir que nun momento determinado colisionen provocando a ruptura deles mesmos.

Máis información: Click Aquí. Mario Blanco Cid 1ºA Bacharelato.

Recoméndoche que entres no recuncho de Jane Goodall



No ano da Biodiversidad entrar na súa páxina e ver unha pequena biografía, é o noso pequeno homenaxe a esta gran primatóloga:
http://www.elmundo.es/especiales/2007/10/ciencia/jane_goodall/hablando/index.html

Editado por: Carmen Cid Manzano

Temos ou non un "xemelgo" a anos luz?

Gliese 581, unha anana vermella estudiada a redor da cal xiran catro planetas (descubertos) o seu redor, pero só ela esta dentor da zona habitable.
Despois de un mes estudando sobre ela os astrónomos europeos reanalizaron os datos e
"No vemos ninguna prueba de un quinto planeta", declarou a la revista Science Francesco Pepe, membro do equipo, "sin embargo", recoñeceu, "tampoco podemos probar que no exista un quinto planeta".


Por ver o planeta non se refiren a visualizalo se non a notar o tiron gravitatorio que exercen sobre unha estrela, e cando se trata de varios a escuación complícase.
Pode que se deba a forma das órbitas, que algúns din que é máis elíptica ca do noso sistema solar, e outros que é circular. Aínda asi isto non se saberá ata dentro dun tempo. Esperemos que os científicos se poñan de acordo, e podamos manter a esperanza de que hai vida ahí fóra.

Para máis información.
Uxía Rodríguez Ropdríguez 1Bach A