Benvido/a! Nós somos un grupo de estudantes de Bacharelato. Con este blog queremos informar sobre os avances e descubrimentos científicos máis relevantes do panorama actual, porque a cultura tamén engloba a ciencia!Visitádenos e comentádenos para estar ao día!
(Edublog participativo)
Nun experimento vimos como se comportaba un ovo en medios hipertónico, hipotónico e isotónico. Noutro comprobamos como o proceso de ósmose ten lugar nas células vivas. Nesta animación estudaremos o fundamento do proceso da ósmose.
Na seguinte animación podedes ver a polaridade da molécula de auga e os enlaces por pontes de hidróxeno que se forman entre elas. Queres saber o que ocorre cando se disolve sal en auga? preme aqui.
Repasade as propiedades da auga vendo esta animación no idioma da ciencia, o inglés.
Ata o día 29 de outubro celébrase en Nagoya (Xapón) a X Conferencia das Partes do Convenio de Biodiversidade Biolóxica. Nesta reunión espérase que se adopten metas internacionais para o período 2020-2050. Espero que esteades atentos ás conclusións e comentédelas no blog.
Ecoloxistas en Acción ten un canal de televisión por internet http://www.somosbiodiversidad.tv/ co obxectivo de acercar o décimo Cumio sobre Biodiversidade a todos os que se desexen informar sobre este encontro tan decisivo para o futuro do planeta.