sábado, 1 de junio de 2013

 O 47,9% DA ELECTRICIDADE EN MAIO FOI RENOVABLE

   As renovables seguen rozando o 50% da cobertura da demanda eléctrica mes tras mes. En maio a súa aportación chegou o 47,9% e nos cinco primeiros meses do ano é do 48,4%.
                   
   A demanda peninsular de enerxía eléctrica seguiu baixando en maio. Unha vez tidos en conta os efectos do calendario e as temperaturas, descendeu un 1,9% con respecto ó mesmo mes do ano anterior. A demanda bruta foi de 19.504 GWh, un 3,4% inferior á de maio do 2012, según datos de Red Eléctrica de España.
   Nos cinco primeiros meses do ano, correxidos os efectos do calendario e as temperaturas, o consumo foi un 2,9% inferior ó do ano pasado. A demanda eléctrica neste periodo foi de 103.587 GWh, un 3,2% menos ca no mesmo periodo do 2012.
     
   A producción de orixe eólica en maio acadou os 4.011 GWh, un 8,2% superior frente ó mesmo periodo do ano pasado, e supuxo o 20,2% da producción total. E as tecnoloxías solares sumaron un 6,9%:  a fotovoltaica aportou un 4,7% e a termosolar un 2,2%. En total a xeración procedente das fontes de enerxía renovable representou o 47,9% da producción. O 65,9% da producción eléctrica deste mes procedeu de tecnoloxías que non emiten CO2, é dicir, renovables e nuclear.

                             
   O pasado mes de abril, a xeración con renovables acadou o máximo histórico ó chegar o 54% da producción. O anterior record prodúxose un mes antes, en marzo, cun 51,8%.

Enlaces: 
http://www.energias-renovables.com/articulo/el-47-9-de-la-electricidad-en-20130531
http://noticias.terra.es/rio20/conozca-las-principales-fuentes-de-energia-renovable,7225c6367d0e7310VgnVCM4000009bcceb0aRCRD.html

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A".

ULTIMAS NOTICIAS SOBRE O MAMUT CLONADO: UN TIMO?

Hai uns días un compañeiro meu falaba sobre a aparición de sangue líquido e tecidos musculares moi ben conservados nun mamut femia por parte dun equipo ruso. O que chama a atención é que todos os anos aparecen noticias deste tipo mais o que cambia na de hoxe é que, como dixen, apareceu sanque líquido e a pregunta é: como o sangue pode permancer líquido despois de 10000 anos? Os científicos españois coinciden en que isto non ten ningunha base científica porque os mamuts consérvanse en xeo non en nitróxeno líquido polo que se deberon formar cristais que derramarían o ADN e sabemos que só estando o ADN nun estado aceptable se pode recuperar ademais de que a célula debe ser viable e manter o seu núcleo intacto. E no suposto de que se cumprisen todos estes pasos habería outros como atopar un óvulo para introducir o núcleo da célula do mamut, dunha especie xeneticamente parecida e que se reprogramase adecuadamente e sería una elefanta da India, que é parecido pero cun salto de miles de anos e… Total;  que é imposible. O “curioso” é que no equipo ruso participa Hwan Woo-Suk quen no 2004  anunciou ao mundo a primeira clonación de embrións humanos que se descubriu era falsa.
Quizais este tipo de noticias sexa unha mostra de que falla a cultura científica pois as afirmacións teñen que estar avaladas científicamente.


Brais Casas Fernández