viernes, 31 de enero de 2014

Comezo da vida según a teoría da Panspermia

Según a teoría da Panspermia a vida chegou do espazo ; os cometas e os asteroides foron capaces de levar as”sementes da vida” por todo o Universo. Pero a isto hai que engadir tamén as pequenas par
tículas de po  interplanetarias que flotan libremente no Universo.
Estas partículas de po tamén serían capaces de liberar auga e compostos orgánicos na Terra primitiva e en outros planetas, según o estudo levado a cabo por un grupo de investigadores dos laboratorios Lawrence levermore, Lawrence Berkeley e das Universidades de Hawaii e California.
Iste po, procede de cometas, asteroides e materiaís sobrantes do Sistema Solar, e chove continuamente sobre a Terra e os restos do mundos do Sistema Interplanetario. Estas partículas  son bombardeadas pola radiación solar que actúa sobre  os ións de hidróxeno, disgregando os grans de po e liberando osíxeno que pode unirse ó hidroxeno e formar auga.
Iste po actúou como unha choiva de pequeñas probetas que levan no seu interior auga e compostos orgánicos, que poideron se a orixe da vida na Terra e probablemente en Marte. Posiblemente poideron desenrolar o proceso da vida en todo o Universo.
Según ista teoría, todo corpo espacial no que non hai aire, podería desencadear auga;  explica como pode aparecer auga en lugares tan inhóspitos como a Lua e demostra que os compostos orgánicos foron suministrados a todos os planetas ao mesmo tempo. Podería producirse auga suficiente para encher os océanos.

No futuro hai que estimar a cantidade de auga que o po interplanetario aportou a Terra, e coñecer a clase de material orgánico presente nestas minúsculas pingas de auga formadas no ezpazo.
                              Miguel Pimentel Pérez 1ºBachA