miércoles, 4 de enero de 2012

FELIZ 2012 A TOD@S

Aínda que xa case hai medio ano que nos deixou para todos nós aínda sigue estando moi presente nas nosas mentes e nos nosos corazóns. Foi un sentimento demasiado raro escoitar esa horrible noticia que non era capaz de creelo nin asimilalo, durante todo o verán era imposible pensar en que eso era posible pero por desgracia tiña que empezar a facerme a idea. Durante moito tempo ía pola rúa e case sempre me parecía vela e nese momento un sentimento moi raro me inundaba por dentro. En septembro, no comezo dun novo curso, fíxoseme moi difícil non vela polos correderos, na clase, ver esa mirada que me daba forzas e confianza en min mesa, ese sonriso que sempre estaba dibuxado nesa cara, esas palabras de ánimo nos momentos máis duros do curso ou mesmo un non pasa nada cando non obtiña os resultados desexados.
Voto en falta esas clases de fai dous anos pero tamén voto en falta esas conversacións do ano pasado nas que sentía unha profesora moi entregada aos seus alumnos e quizais podería dicir que a unha amiga.
Sempre se van os mellores, esas persoas que non o merecen e que aínda lle quedaba moita alegría e ilusión depositados na gran vocación que ela tiña como profesora.



Espero que este ano aínda que non estea en presenza con nós estarao nos nosos corazóns e dende donde estea mandaranos todas as forzas e todos os ánimos para loitar e superar este curso duro e que marcará en gran medida as nosas vidas.



Ademáis de compartir con ela clases tamen compartimos con ela algunhas excursións como as Dunas de Corrubedo:



 E como non, algúns de nos tamén tivemos o placer de compartir con ela a excursión a Francia: 







Feliz Ano 2012

Nestas fechas tan sinaladas, como é o nadal é cando máis se notan as ausencias dos seres máis achegados, neste caso todos nós copartimos un e é Mª Xosé Camba, que aínda que non sexa un familiar converteuse en alguén moi especial, que aínda que fora unha profesora e habitualmente non suele haber un achegamento ou unha confianza cos profesores, con ela era diferente, en pouco tempo coillíaselle un cariño debido a cercanía que tiña cara nós, por iso eu creo cando se foi todos sentimos moitisimo a súa perda, polo que un pequeño recordó coma este encolleranos o corazón pero a vez sacaronos un sorriso ó acorarnos dela.