lunes, 17 de febrero de 2014

Naceu unha nova illa

A actividade volcánica ao longo do Pacífico deu lugar a unha pequena illa situada no arquipélago das Illas Ogasawara, a uns 1.000 quilómetros ao sur de Tokyo.
O satélite EO-1 da NASA observou dende o espazo a nova illa o 8 de decembro de 2013. A auga circundante aparece coa súa cor distorsionada pola presenza de gases e minerais volcánicos, así como sedimentos do fondo mariño levantados como consecuencia da erupción volcánica na que se creou esta illa.
Ésta forxouse durante unha erupción volcánica da que se tivo a primeira noticia o 20 de novembro de 2013.


Ao principio, asumiuse que tería unha existencia efémera, como outras illas formadas recentemente fronte á costa de Paquistán e no Mar Vermello, as cales de xeito natural non tardan en quedar afundidas por debaixo do nivel do mar cando a erosión exercida polas ondas acaba arrancando boa parte do material solto que constitúe o terreo

Non obstante, a xulgar polos últimos datos, parece que a nova illa ten un tamaño como para sobrevivir non só durante varios anos, se non de forma permanente. A comezos de decembro, xa crecera ata medir 56.000 metros cadrados, preto de tres veces o seu tamaño inicial. Ademais, a súa superficie está entre 20 e 25 metros sobre o nivel do mar, o que tamén axudará á conservación da illa.





Alba Álvarez Pacios, nº1 1ºBACH-A

O Homo Antecesor de Atapuerca ten 900.000 anos

Un dos aspectos que xeran máis debate nas excavacións de Atapuerca son as datacións de cada un dos extratos. Un equipo do Centro Nacional de Evolución Humana revista «Journal of Archaeological Science» publicou datos recpecto a isto. O resultado é que a Gran Dolina, onde se atoparon os primeros restos de Homo Antecessor, teñen ao redor de 900.000 anos de antigüidade. No 1995 a revista Nature publicou que se habían atopado os restos deste homínido atribuíndolle 780.000 anos de antigüidade, o humán máis antigo coñecido en Europa. As datacións do xacemento deron lugar a moitos debates e os investigadores españois estaban traballando para a a certificación das datas.
O Centro de Evolución Humana contou que aplicara novas técnicas para a aclaración das datas dos extratos da Gran Dolina. Publicaron que: ''A idea é construir un marco xeocronolóxico moito máis sólido que o actual''. O Centro utilizou a técnica do paleomagnetismo, o que implica a revisión da polaridade dos materiais que constituen as capas estratigráficas. Dende aquel primer descubrimento, descubríronse ao redor de 90 fósiles humanos e máis de 200 fragmentos de pedra tallada en Gran Dolina.
FONTES: http://www.abc.es/ciencia/20140210/abci-homo-antecessor-atapuerca-201402101000.html María Laborda Iglesias, 1º bach A