lunes, 14 de noviembre de 2011

O asteroide Lutetia


Un equipo de astrónomos do Observatorio Europeo Austral (ESO) descubriu que o asteroide Lutetia é un fragmento sobrante do material orixinal a partir do cal se formou a Terra, Venus e Mercurio. Segundo os científicos, as propiedades do asteroide aseméllanse ás de un raro tipo de meteoritos atopados no noso planeta, o que suxire que a rocha formouse na zona máis interna do Sistema Solar. Nalgún momento, Lutetia debeu de trasladarse a súa actual ubicación, no cinto principal de asteroides situado entre Marte e Xúpiter.

Despois de facer probas para deducir a súa composición resulta que Lutetia posúe propiedades que coinciden en toda a gama de cores con un tipo de meteoritos chamados 'enstatita chondrites'.
Sábese que os enstatitas chondrites corresponden a material que data dos inicios do Sistema Solar. Este material formouse cerca do xoven Sol e xogou un papel fundamental na formación dos planetas rochosos, en particular da Terra, Venus e Mercurio.

Alteración da órbita

Como logrou Lutetia escapar do Sistema Solar interior e alcanzar o cinto principal de asteroides?

Os astrónomos chegaron a estimar que menos do 2% dos corpos situados na rexión onde se formou a Terra acabaron no cinto principal de asteroides. A maioría dos corpos do Sistema Solar interior desapareceron despois duns poucos millóns de anos, a medida que se foron adherindo ós planetas xoves en formación. Sen embargo, algúns dos máis grandes, con diámetros de 100 quilómetros ou máis, foron expulsados cara órbitas máis seguras, lonxe do Sol.

Lutetia posúe uns 100 quilómetros de longo, e un encontro co xoven planeta Xúpiter durante a migración cara a súa órbita actual tamén pode explicar o gran cambio da súa órbita. Créese que Lutetia leva como intruso no cinto principal de asteroides uns catro millóns de anos. Estudios anteriores da súa cor e das propiedades da súa superficie mostran que Lutetia é un inusual e misterioso membro do cinto principal de asteroides. Novos estudios explican que Lutetia é un pequeno supervivente da materia orixinal a partir da cal se formaron os planetas rochosos.

Lutetia parece ser o máis grande e un dos poucos restos de esa materia orixinal no cinto principal de asteroides. Por isa razón, os asteroides como Lutetia representan obxectivos ideais para as futuras misións de retorno con mostras. Así poderemos estudar en detalle a orixe dos planetas rochosos, incluíndo a nosa Terra.

Fonte de información

Diego J. Reinoso Prieto - 1º E - Nº21