
Un home afectado por un Trastorno Obsesivo Compulsivo (TOC) foi sometido no Hospital unha psicocirugía, unha intervención que, mediante a introdución de eléctrodos no cerebro, permitirá mellorarlle os síntomas dun problema que pode chegar a invalidalo por completo. A intervención, coa técnica punteira de cirurxía cerebral só a practica un reducido número de hospitais españois.
A estimulación cerebral profunda (ECP) é un procedemento cirúrxico que consiste en implantar eléctrodos conectados a un dispositivo neuroestimulador en áreas predeterminadas do cerebro, a través do cal transmítese corrente eléctrica á punta do eléctrodo coa intención de articular a actividade cerebral e restaurar o funcionamento normal dos circuítos cerebrais que se atopan alterados nalgunhas enfermidades psiquiátricas, como o TOC.
Os pacientes con TOC resistentes ao tratamento convencional con psicofármacos ou psicoterapia poden someterse a unha cirurxía ablativa, un proceso irreversible co que se lesiona de forma controlada unha zona cerebral profunda, ou outra solución é ser derivados a outra autonomía onde se realice a psicocirugía funcional.
Os neurólogos, indican que a tarde despois da operación, o paciente «está canso pero ao día seguinte xa se pode levantar e facer unha vida practicamente normal». Recoméndase facer un repouso durante un mes e, posteriormente, seguir uns controis para poder axustar a cantidade de estimulación precisa.
Ademais de mellorar os síntomas obsesivos, tamén pode facelo con outros como a depresión e a ansiedade.
Para máis información: http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/11/03/00031320314398659355162.htm
Feito por: Yurema Seara Núñez 2ºB