domingo, 16 de enero de 2011

Especie: Un concepto moi difícil de definir.

O concepto de especie é un termo moi difícil de definir, esta entidade creada polo home foi definida por primeira vez a finais do século XIX, foi o chamado concepto morfolóxico de especie, pero pouco máis tarde retificárono e impuxeron o concepto biolóxico de especie. O concepto máis moderno deste grupo taxónomico é o concepto filoxenético que di que unha especie é o grupo monofilético máis pequeno con ascendencia común.



Recentemente volveuse a cuestionar a definición de especie debido a estudos realizados sobre uns fósiles humanos. Estes estudos demostraron que o Homo sapiesns cruzouse cos neardentales, e tamén demostrouse que intercambiaron fluidos e xenes cos denisovanos (unha especie da que se descoñecía a súa existencia ata o ano pasado, encontráronse os seus fósiles nunha cova de Siberia). De ambos cruzamentos saíron fillos fértiles, e isto levaría á conclusión de que os neardentales, sapiens e denisovanos serían da mesma especie.







Mamut lanudo.

Pola contra, ao analizar o tanto o ADN do mamut lanudo (extinguido fai miles de anos) e o do actual elefante africano observouse que en realidade non é só unha especie senón, polo menos, dúas. Isto débese a que se o mamut lanudo e o elefante africano son especies, e ata xéneros diferentes os efantes africanos tamén deberían ser dous especies diferentes. Unha de elas constaría dos enormes exemplares que viven na Sabana e a outra, duns exemplares un pouco máis pequenos que habitan nas zoas boscosas. Os seus linaxes separáronse fai 2.5 millóns de anos, ao mesmo tempo que cando se separaron a os elefantes asiáticos e o mamut lanudo, teñen un 98.55% de xenes en común.



Os datos anteriores indícannos as dificultades de chegar a definir definir o termo especie. Este é un debate que non parece ter fin. Para definir unha especie, os científicos, teñen en conta ata 26 criterios, ademais as especies están en continua evolución polo que é moi difícil definir os límites do que abrangue a especie. É dicir, pretendemos buscarlle limites ás categorías, por iso intentamos definir un termo que non se pode definir.



Diferentes científicos consideran os diferentes termos de especie, pero só se sabe que de momento non van a chegar a un acordo, por iso se cre que se debería seguir utilizando o termo de especie aínda que non sirva para tódolos casos.




Editado por Andrea Gerpe Acosta, 1º Bacharelato A

Arrecifes de coral

Os arrecifes de coral son ecosistemas moi valiosos: son fontes de recursos para moitos países, xa que serven de habitat para abundantes especies mariñas de consumo humano con gran importancia económica; provén protección ás costas da erosión, os embates das ondas e os furacáns; son fonte de turismo e neles atópanse unha enorme biodiversidade, con redes alimentarias importantes e complexas.
Un novo proxecto do Zoolóxico de Londres propó resaltar o perigo inminente ao que están expostos os arrecifes coralinos do mundo. Científicos de varios países foron recrutados para investigar estas especies e educar ás comunidades na súa importancia. Os expertos aseguran que accións locais como reducir a contaminación, restrinxir a pesca, pode gañarlle un pouco de tempo a destrucción dos corais. Para salvalos para sempre, necesitaríase dun esforzo de todos os países para reducir os gases invernadoiro, responsables do quentamento dos océanos.



Feito por: Yurema Seara Núñez 1ºB

Un material máis resistente e duro que o aceiro

O aceiro ten unha relación entre a súa dureza e a súa resistencia moi boa. Ai que ter en conta que non podemos encontrar moitos materiales que teñan unha boa relación entre estas dúas características.
Un grupo de investigadores do departamento de enerxía de USA, o Berkeley Lab e o Instituto de Tecnoloxía de California acaban de desenrolar un vidrio metálico cuns niveis de resistencia e dureza impresionantes endexamais vistos.
O vidrio está formado por unha micro-aleación de paladio. Está acompañado por silicio, fósforo, xermanio e prata.
O seu único problema e o seu coste. O fósforo e o silicio non dan moitos problemas pero o paladio, o xermanio e a prata si.


Para mais información


Manuel Lorenzo Tallón 1ºC Bachiller

Arsénico vs.Fósforo. Un dos debates máis controvertidos da ciencia actual e, probablemente, unha das maiores axitacións biolóxicas da historia.




Este complemento á miña noticia debería habelo subido xa fai algunhas semanas; pido sinceiras disculpas a todos os bloggeros e á nosa profesora por tardar tanto. Aínda así, paréceme imprecindíble volver sobre ela para ampliar algúns datos sucedidos despois da súa publicación.

O primeiro que vos pediría e volvérades a ler o meu post sobre esta bacteria revolucionaria. Se recordades fai un mes e medio aproximadamente informeivos de que se acababa de lanzar un auténtico bombazo no mundo bioquímico. Descubrírase unha nova bacteria que era capaz de substituír o fósforo, considerado elemento esencial para que exista vida, por arsénico no seu ADN e vivir con absoluta normalidade. Todo un achado que realmente pode cambiar os principios e bases científicas da vida de pés a cabeza, abrindo as portas a novas hipóteses sobre a súa orixe e a outras formas de vida plausibles no universo.

A investigadora que lideraba o estudo da NASA sobre esta bacteria, Felise Wolfe Simons, demostroulle á revista Science que o seu traballo era correcto, e que tiña probas de que outras formas de vida eran posíbles, así as súas conclusións foron dadas por válidas ao publicarse o traballo o 2 de decembro. Esta noticia tan revolucionaria desatou polémica e a crítica dalgúns membros da comunidade científica. Uns calificaron o estudo de precipitado, outros recoñecían a opción de que puidese vivir en arsénico pero que non demostrara que dependían del, e outros afirman que as mostras de ADN estaban contaminadas e que contaban con suficiente fósforo residual como para vivir.

Moitos científicos, entre eles algúns moi famosos e importantes, publicaron nos seus blogs e noutros medios o seu desacordo. Algúns mandaronlle cartas formais á revista Science onde se esforzaban por probar a falsedade do estudo da NASA.

Os autores da descuberta confiaban no seu traballo e negaronse, en principio, a contestar aos comentarios dos detractores. Crían na calidade e na veracidade das probas que subministraron, así como na competencia dos científicos independentes que revisaron tódolos datos e detalles do estudo de arriba a abaixo. Pero os científicos incredulos, como por exemplo Rosie Redfield, unha destacada microbióloga, calificou ó estudo de FRAUDE e asegurou que a doutora Wolfe Simon e os seus colaboradores eran “malos científicos”. Chegaron ao extremo de criticar aos propios revisores da revista e de afirmar que en breves se retiraría.

Exemplos de diverxencias nas opinións:

- "Agás que falseen os datos, o traballo paréceme convincente"
Ricardo Amils, investigador da Universidade Autónoma de Madrid e do Centro de Astrobiología, colaborador da NASA e experto nas bacterias de Río Tinto (Huelva), un ecosistema similar ao de Marte.

- "Retirarán o traballo en dous meses"
Francisco Rodríguez-Valera, catedrático de microbiología da Universidade Miguel Hernández (UMH) e experto en bacterias de zonas salinas como o lago Mono.

- "O máis grave é que haxa un revisor en Science que pasou este artigo"
Pepa Antón, outra microbióloga da UMH, tamén ten dúbidas: "Presentan datos contundentes, pero seguramente terán que repetir o estudo".

Un editorial, pouco corrente, da revista Nature, principal rival da revista Science, atacaba e censuraba o silencio e o mutismo dos autores do estudo, comentando: "Os científicos teñen que cambiar os seus esquemas mentais para responder as plémicas que xurden en Internet... A tradicional revisión por pares dun traballo antes da súa publicación non é xa a única forma de obter a verdade en caso de opinións dispares". "Unha resposta rápida, aínda que provisional, por parte dos autores ás críticas sería unha reacción mellor, opina a revista. A xenuína realidade é que o debate está e segue máis vivo que nunca en Internet, e que o revoo e axitación aumentan a pasos axigantados. Os días 16 e 23 de decembro saen á luz novos comentarios nos medios de comunicación. Foi entón cando Felisa Wolfe Simon, en nome do seu equipo, decide romper o silencio dicindo que outorgará máis información sobre os experimentos e que permitirá o acceso doutros científicos ás súas probas. Ademais proporcionou como anexo, os métodos de purificación do ADN cheo de arsénico e reafírmase unha vez máis na veracidade do seu estudo. A científica asegurou que todo o traballo sería revisado e que as conclusións serían expostas na seguinte edición da revista Science. Ao final cabe esperar que a veracidade científica se a que gañe, pero ata entón os emisores do bombazo científico terán que soportar e apandar coa suma velocidade de propagación das críticas cibernéticas dos seus detractores.

E vós, que opinades ó respecto? E se todo o establecido ata o momento no campo da bioquímica e da orixe da vida, de súpeto, se vén abaixo? Tamén vós podedes participar neste arduo debate universal. Aquí tedes a palabra!



Eva Rodríguez Casas-1ºBacharelato B.








Para máis información podédevos dirixir ás seguintes páxinas:

http://www.publico.es/ciencias/350929/guerra-abierta-por-la-bacteria-alternativa