domingo, 8 de junio de 2014

Renovable e sen cargo ao usuario

Chile quere fundar as súas esperanzas enerxéticas nas fontes renovables, pero por agora, sen cargo no recibo da luz. A presidenta chilena inagurou en Copiapó, o parque solar fotovoltáico "Amanecer Solar CAP", o máis grande de latinoamérica e un dos máis grandes do mundo. Pero a diferencia do modelo español a súa amortización e financiación son privadas. Este proyecto foi financiado polo grupo CAP, o principal extractor de mineral de ferro e o maior productor siderúrxico de Chile. O grupo mineiro precisaba un abastecemento enerxético propio para as operacións na mina de ferro de Cerro Norte.
O parque está situado no deserto de Atacama, o máis árido do mundo, ten 280 hectáreas, con máis de 310.000 paneles solares fotovoltáicos, cunha capacidade de 100 megavatios, o que equivale ao consumo anual de 125.000 fogares en Chile.
Os módulos son de silicio monocristalino, un material que non é tóxico nin contaminante e que é reciclable ao final da súa vida útil. No seu primeiro ano de funcionamento, a planta será capaz de ixectar 270 GW/h de enerxía limpia ao sistema. O presidente executivo do gupo acereiro e mineiro, reconoceu que é unha aposta atrevida, xa que o risco financieiro corre a cargo de CAP. A alternativa era construír unha central de carbón, pero como os permisos medioambientais non o permitirían, construíron esta planta nun tempo récord de seis meses.
LAURA ÁLVAREZ GÓMEZ - 1ºBACH C

Unha nova especie de tartaruga do Xurásico Superior

Paleontólogos da Fundación Conxunto Paleontolóxico de Teruel-Dinópolis e da Universidade Complutense de Madrid publican no xornal Journal of Systematic Palaeontology que atoparon restos fósiles dunha nova especia de tartaruda de auga doce. Esta tartaruga foi atopada no mesmo lugar onde se atopou o dinosaurio Turiasaurus riodevensis, por iso o nome desta nova especia de tartaruga é Riodevemys inumbragigas (''a tartaruga de Riodeva á sombra do xigante''). O coñecemento desta especia permite recrear por completo a paisaxe ecolóxica do Xurásico Superior.
Os fósiles desta tartaruga foron descubertos no mesmo xacemento no que se descubriron dinosauros de especial relevancia, como por exemplo Dacentrurus. O xacemento foi descuberto no 2003 por paleontólogos da fundación Dinópolis. Unha vez extreaídos e levados ao laboratorio deron lugar a estes importantes haxazgos. FONTES: http://www.agenciasinc.es/Noticias/Una-nueva-especie-de-tortuga-a-la-sombra-del-gigante-europeo-de-Riodeva María Laborda Iglesias, 1º BACH. A