domingo, 25 de mayo de 2014

Mediante luz e proteínas podería rexenerar neuronas dañadas





 Unha noticia do 24 de maio nos informa que un bioquímico español deseñou unhas proteínas artificiais (quimeras) para inxectalas no cerebro, iluminalas con luz e activar a rexeneración das neuronas. Podería ser unha grande solución para o alzhéimer e o párkinson.  

O español chámase Álvaro Inglés e traballa no Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Austria. Investigará e probará o funcionamento das quimeras usando os ratos no laboratorio. Ademáis recibiu o 19 de maio unha beca de 15000 dólares da fundación Dan David para eses proxectos de alto risco.


O premio Dan David dedica cada ano a beca para un tipo de investigación, este ano tocoulle á memoria. E concedeulles a beca ao proxecto de Álvaro por ser innovador de alto risco e con grandes ganancias.

As quimeras son proteínas biosintéticas  que non se atopan na natureza e consisten nun receptor fusionado cunha proteína sensible á luz para que así ao iluminar ás células se activen. Ao activarse, os receptores únense cos factores de crecemento que provocan a supervivencia e o crecemento das células e mesmo permiten rexenerar as que teñen algún defecto ou están morrendo.  De todas formas, aínda teñen que investigar máis porque poden conlevar a efectos secundarios indesexados. Para controlar mellor o seu funcionamento pensan que en lugar de inxectar o factor de crecemento, terían que activar o seu receptor de luz na zona ou lugar do cerebro onde sexa necesario. Por iso este proxecto está pensado para combatir contra o alzhéimer e o párkinson xa que nestas enfermidades se dexeneran neuronas nunhas partes específicas do cerebro (e xusto estas quimeras serven para as dexeneracións neuronais). 

Se activan a ruta  de señalización celular para o crecemento e a proliferación desas células, poderían combatir contra a perda da memoria e desenvolver a aprendizaxe espacial.

Como expliquei, primeiro probarán estas quimeras en cultivos neuronais e despois nos ratos. Se todo sigue como esperan, poderán probalo en primates e despois ser aplicable para os humanos.







Sira Prieto González 
1ºA


ENLACE

http://www.agenciasinc.es/Entrevistas/Vamos-a-probar-una-herramienta-para-combatir-el-alzheimer-activando-neuronas-con-luz

Españoles crean o primeiro biorreactor que produce células nai en serie

Carecer dun medio de producción en serie e automático de células nai frena o desarrollo de terapias con estas células.
O madrileño, David Horna, confundador da empresa Aglaris Cell, xunto con dous socios, Miguel Costa e Manuel A. González, xa crearan fai dous anos esta firma co obxectivo de desenrolar un dispositivo que permitise automatizar o cultivo de células para avanzar na producción de medicamentos 'vivos'

O proceso é o seguinte: obtéñense células do paciente, e extráense as células nai. Éstas inxectanse no biorreactor onde se cultivan e se amplifican. Finalmente, obtéñense as células envasadas en bolsas.

O equipo ten dúas partes: a que ten a firma na parte lisa, onde se atopan os compoñentes de inxeñería e a segunda: un cartucho desechable, onde se realiza o cultivo, de usar e tirar, para evitar as contaminacións cruzadas.
Aglaris Cell

Neste video podedes ver o funcionamento deste dispositivo

Fontes: http://www.agenciasinc.es/Noticias/Un-biorreactor-espanol-envasa-lotes-de-celulas-madre-en-serie-para-la-medicina-regenerativa

                                                    Paula Quintas Blanco 1ºBach A