viernes, 17 de mayo de 2013

SOBRA TALENTO NESTE PAÍS ?

Nestes últimos días estamos coñecendo feitos que nos poñen os pelos de punta como é o caso de Diego Martínez  Santos, un investigador galego ao que se lle negou un contrato Ramón y Cajal o mesmo día que a Sociedade Europea de Física o premiaba como mellor investigador mozo de Europa. Como se pode entender isto? Parece ser que el non daba a media necesaria para logralo polo que me pregunto que, se el non dá a media, quen a dá? Dá a impresión de que neste país sobra talento investigador. Nas nosas universidade fórmanse os mellores profesionais que , visto o visto, teñen que saír fóra, ou sexa emigrar, para que se lles recoñeza o que valen e iso despois do que custou a súa formación. Porque polo visto isto non é unha excepción senón todo o contrario. A este caso súmanse o de José Manuel Castro Tubío, investigador do Sander Institute en Cambridge ou o da toxicóloga Ana de Castro, entre outros moitos.
Os recortes en educación, becas e  investigación (o programa de Ramón y Cajal pasou de 350 prazas hai anos e de 250 na convocatoria anterior a 175  na última). Non fai falta ser moi listo para decatarse de que queda fóra xente dun nivel altísimo e que son outros países os que se aproveitan deles.
Tampouco hai que ser moi listo para decatarse de que están hipotecando o noso futuro e o do noso país.
Pero canto tempo tardarán en caer na conta os nosos “brillantes” polícos? e se xa caeron, porque non fan nada?...



Brais Casas Fernández