domingo, 6 de febrero de 2011

Visión desde os ceos do noso planeta

O documentalista francés e militante medioambiental, Yann Arthus Bertrand, era director dunha reserva natural francesa antes de que con trinta anos abandoase a súa terra e fuxir coa súa muller a Kenia a traballar como biólogo investigador, onde se converteu en fotógrafo naturalista e piloto de globo aeroestático. Atopou a súa vocación primeiro retratando leóns e tribus Massai e finalmente captando a Terra desde o ceo. Desde 2009 é embaixador honorífico do Programa Medioambiental da ONU (UNEP). E ademais de todo o anterior cabe salientar tamén a súa axencia de fotografía aérea Altitude e a súa fundación Good Planet. O pasado 4 de febreiro en Nova York presentou o seu gran documental Home (fogar), celebración visual de espectaculares secuencias aéreas panorámicas, para mostrarnos tanto a beleza do noso planeta como a desvastadora visión sobre o quentamento global. Este documental, xa estreado no 2009, podedes velo na internet en castelán narrado pola atriz Salma Hayek na seguinte dirección: http://www.youtube.com/watch?v=SWRHxh6XepM
No xoral El mundo.es atoparedes unha entrevista recente a Bertrand, pincha aquí
Páxina da película con indicacións para educadores: http://www.homethemovie.org/

Lucía Rodríguez Rodríguez 1ºB

Plantas que cambian de cor ante explosivos

Investigadores da Universidade de Colorado conseguiron modificar xeneticamente plantas para que reaccionen e cambien de cor ante a presenza de explosivos. A investigación, busca "ensinar" a determinadas plantas a desenvolver naturalmente certas proteínas de alerta ante "estímulos amenazadores".
Descubriuse a habilidade dalgunhas plantas de actuar como detectores altamente especializados ante ameazas biolóxicas e determinadas sustancias químicas. As plantas responden ao seu medio ambiente
Este proxecto conseguiu hortensias modificadas xeneticamente que palidecen cando entran en contacto con nitroglicerina. Por agora isto só ocorre no ambiente do laboratoria e baixo unha luz constante.
As plantas de laboratorio tardan en mostrar reaccións visibles varias horas, polo que o reto é conseguir que esta reacción prodúzase nuns minutos (se isto conséguese poderiamos detectar por exemplo explosivos nos aeroportos).


Feito por: Yurema Seara Núñez
Máis información:

Un crustáceo con 10 000 xenes máis que o ser humano

A pulga de auga Daphnia pulex é un pequeno crustáceo que foi usado durante décadas para analizar as variacións ambientais nos ecosistemas. Recentemente a revista Science publica un estudo onde a pulga de auga convertese no primeiro crustáceo co xenoma descifrado. Segundo este estudo contén máis de 30.000 xenes, revelándose como o animal con maior número de xenes de cantos se coñecen por agora.
Por que este animal é tan descoñecido para o público non investigador?
Esta resposta non é doada de contestar, pero o certo é que a súa popularidade está lonxe da alcanzada por outros modelos de animais como é o caso da Drosophila melanogaster. Unha posible resposta quizais, sería que malia ser unha especie cobaia desde hai varias décadas, os traballos para estudar o seu xenoma comezaron no século XXI.




Por ese motivo, os autores do traballo, liderados polo investigador do Centro de Xenómica e Bioinformática da Universidad de Indiana (EEUU) John Colbourne, quedaron abraiados ao comprobar moitas das características do xenoma deste animal, entre elas que a expresión dos seus xenes exclusivos eran máis sensibles aos retos ambientais de cantos se analizaran ata a data.

O descubrimento permitirá aos científicos o uso deste animal como modelo para coñecer en mayor profundidade a resposta dos xenes ás variacións das condicions ambientais dentro dun contexto evolutivo.
Máis imformación:


Tatiana Nespereira Campuzano 1ºB

Bebés á carta

Esta noticia é do 2009 pero poñoa porque resulta interesante agora que estamos dando o tema da biotecnoloxía.
Unha clínica de fertilidade en Estados Unidos permítelle os seus clientes escoller rasgos do seu bebé como a cor dos ollos.
O procedemento e similar a outros e baséase na técnica coñecida como "diagnóstico xenético preimplantacional" utilizado para previr enfermidades nos bebés. Esta técnica tamén permite atopar qué embrións desenvolverán rasgos xenéticos e poder escoller que características pode ter o bebé.
L.A. Fertility, tiña a disposición dos seus clientes a cpacidade de seleccionar o sexo dos seus fillos, pero non garantizaba ter un 100% de posibilidades das cararcterísticas perfectas.
Así, agora, os pais poderán escoller ademais ter un bebé con ollos azuis e pelo rubio porque lle gusta máis así.
Pero, é ético modificar o xenoma humano ou xogar coas leis da herdanza? Só así poderiamos aceptar os bebés perfectos e os outros que teñen algún tipo de problema non serían aceptados na nosa sociedade?

Para máis información


Feito por: Manuel Lorenzo Tallón 1ºC BACH

Primeiros Resultados da Secuenciación do Xenoma da Fresa Silvestre

Un consorcio internacional de investigación, formado por 75 investigadores provintes de 38 institucións, secuenciaron o xenoma da fresa silvestre. Espérase que a súa análise detallada permita a obtención de variedades máis resistentes e saborosas desta froita e outras da súa familia. Desde o punto de vista xenético, a fresa silvestre, é similar á fresa cultivada pero menos complexa, o que facilita o seu estudo polos científicos. O seu cromosoma-14 posúe un dos xenomas máis pequenos dos vexetais economicamente importantes, pero aínda así contén aproximadamente 240 millóns de pares de bases.
O consorcio que secuenciou o xenoma inclúe a dous investigadores do Instituto Tecnolóxico de Xeorxia (Mark Borodovsky e Paul Burns.
O director do consorcio é Kevin Folta, profesor no Instituto de Alimentación e Ciencias Agrarias da Universidade de Florida.



Cando o consorcio obtivo a secuencia xenómica da fresa silvestre, Borodovsky e Burns traballaron para identificar os xenes codificadores de proteínas na secuencia. Mediante un innovador programa de recoñecemento de patróns, chamado GeneMark.hmm-É+, Borodovsky e Burns identificaron 34.809 xenes, dos cales o 55 por cento foron asignados a familias de xenes.


Unha análise do xenoma da fresa silvestre revelou que certos xenes están implicados en procesos biolóxicos fundamentais, por exemplo o proceso responsable do sabor da froita, o que produce a floración, e o da reacción do sistema inmunitario ante infeccións.


A longo prazo, os agricultores poderán utilizar a información xenética da fresa silvestre para obter plantas que poidan ser cultivadas con menores requirimentos e un maior rendemento.


por:
Antía Arias Garcia 1ºB