jueves, 21 de noviembre de 2013

FREDERICK SANGER DÉIXANOS TRAS TER UNHA LONGA VIDA EXITOSA


Onte, 20 de novembro, mércores, morre aos 95 anos un dos científicos máis importantes dos tempos actuais que gañara dous Premios Nobel: En 1958 polo seu traballo sobre a estrutura das proteínas nas plantas e animais, establecendo a secuencia de aminoácidos da insulina e demostrando que as proteínas teñen funcións específicas; e en 1980  polo método de secuenciación do ADN (axudou a descodificación do xenoma humano).
 Este "pai da xenómica" e bioquímico naceu en 1918 en Gloucestershire (Gran Bretaña) e estudou en Cambridge onde conseguiu o doctorado en 1943. Aquí aparecen algunhas das súas citas textuais.




FONTES: http://www.lavanguardia.com/ciencia/20131120/54394324628/muere-frederick-sanger.html
               http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/11/131120_ultnot_muere_frederick_sanger_ch.shtml

SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA

Morre o bioquímico Frederick Sanger

O martes 19 de novembro morre Frederick Sanger, padre da xenómica e gañador de dous Premios Nobel de química.
Nado en Rendcombe, o 13 de agosto de 1918 e morreu en Cambridge aos 95 anos despois de dedicar toda a sua vida a investigación.
É considerado o pai da xenómica, ciencia adicada ao estudo integral do funcionamento, contido, evolución e orixe dos xenomas.
Conseguiu desenvolver novos métodos para secuenciar aminoácidos o que permitiu deducir a secuencia completa da insulina. Por istes traballos fou gañador do Premio Nobel en 1958.
Hacia 1960 comenzou a interesarse polos ácidos nucleicos. Secuenciou o ARN e desenvolveu o método "didesoxi" para secuenciar o ADN en 1975. Este método pode ler entre 500 y 800 bases ao mesmo tempo. Estes descubrimentos valeronlle para obter en 1980 un novo Premio Nobel xunto con Berg e Gilbert.
Dende o Instituto Sanger o definen como: "Un home calado, modesto e con poderosas opinións".





Miguel Pimentel Pérez 1ºBach A